Antonio Martínez López
Antonio Martínez López, nado na Fonsagrada o 14 de xuño de 1942, é un mestre e político galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1942 (81 anos) A Fonsagrada, España |
Alcalde de Ribadeo | |
1981 – 1983 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Mestre |
Partido político | Candidatura Progresista Independiente |
Traxectoria editar
Mestre de profesión, dirixiu o Colexio Público de Ribadeo, actual CEIP Gregorio Sanz, en dous períodos. O primeiro, dende a súa posta en marcha en 1973 durante seis anos, e, despois de algo máis dun curso, volve á dirección ata que o deixa polo seu desexo dun inminente traslado ó IES Porta da Auga.
Durante un curto período foi xuíz substituto do distrito de Ribadeo, elixido entre unha terna proposta polo propio xulgado, despois de Agustín Gutiérrez. Dimitiu do cargo ó presentarse ás eleccións no ano 1979. Foi alcalde de Ribadeo como primeiro da lista da Candidatura Progresista Independiente entre 1981 e 1983, despois de, no mesmo mandato, dous alcaldes de UCD. Non se presentou á reelección.
A finais da década de 1970 foi cofundador da Asociación de veciños Ronsel á que se lle debe a existencia do nome de Alfredo Deaño no rueiro ribadense.[2] Foi cofundador tamén do Club de remo de Ribadeo, que marcou unha época de remo en bateis en Ribadeo.
Notas editar
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Predecesor: José Fojo Barcia |
Alcalde de Ribadeo 1981 - 1983 |
Sucesor: Jaime Vidaurrázaga Urbieta |