José Luis Pose Blanco
José Luis Pose Blanco, nado en Carballo o 28 de decembro de 1942, é un exfutbolista galego. Xogaba de centrocampista.
José Luis Pose | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Luis Pose Blanco | ||
Nacemento | 28 de decembro de 1942 (81 anos) | ||
Lugar de nacemento | Carballo | ||
Altura | 1,71 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1964–1965 | Pontevedra | 1 | (0) |
1965–1966 | Algeciras | 29 | (5) |
1966–1967 | Deportivo da Coruña | 10 | (2) |
1967–1968 | Atlético Ceuta | 26 | (7) |
1968–1970 | Murcia | 39 | (5) |
Total | 105 | (19) | |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarNa tempada 1964–65 xogou co Pontevedra CF en Segunda División, da man do adestrador Marcel Domingo, co que foi campión de liga e logrou o ascenso a Primeira División. Nesa campaña participou nun só encontro, nunha derrota fronte ao Burgos CF a domicilio (2–0), na segunda xornada. Os centrocampistas habituais nesa campaña foron José Vallejo, Constantino Rodríguez e Pablo Recalde.
Na tempada 1966–67 debutou en Primeira División co Deportivo da Coruña, xogando 10 partidos e anotando 2 goles. O seu debut produciuse na xornada 8, nunha derrota a domicilio fronte ao Granada CF (1–0), da man do adestrador Enrique Orizaola. O seu primeiro gol produciuse na xornada seguinte, nunha vitoria en Riazor fronte ao Real Zaragoza (4–1). Os centrocampistas habituais nesa campaña foron Manolete e Santos Bedoya, seguidos por Pose, José Manuel Goñi e Manuel Novo. Ese ano o equipo galego descendeu a Segunda División.