José Luis López Sánchez-Toda

gravador español


José Luis López Sánchez-Toda, nado en Madrid o 30 de abril de 1901 foi un gravador español.[1]

Infotaula de personaJosé Luis López Sánchez-Toda
Biografía
Nacemento30 de abril de 1902 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte1975 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngravador , deseñador de selos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sánchez-Toda naceu nunha familia de clase media en Madrid en 1901, ingresou na Escola Superior de Belas Artes de Madrid e tras rematar entrou a traballar na FNMT en 1924 onde permaneceu ata a súa xubilación e onde deseñou e gravou máis de 100 selos e a maioría dos billetes emitidos desde 1937. Estivo á fronte da sección de Gravado da FNMT e foi profesor na Escola Nacional de Artes Gráficas.[2] En 1969 publicou a obra El arte de grabar el sello.

 
Moeda deseñada por Sánchez-Toda

Foi tamén o autor da primeira moeda cuñada na zona sublevada da guerra civil, unha moeda de 25 céntimos de peseta de Francisco Franco, que levaba o lema «ESPAÑA, UANA, GRANDE, LIBRE. 1937. II AÑO TRIUNFAL». Está cuñada en cuproníquel e nela poden apreciarse as iniciais ST do gravador.[3]

O 5 de xuño de 1998, Correos realizou unha emisión dedicada aos gravadores españois que incluía unha tiraxe de 2,5 millóns de selos cun valor facial de 70 pesetas e coa efixie de López Sánchez-Toda e un dos seus gravados.[4]

Notas editar

  1. "López Sánchez-Toda, José Luis". En Filaposta.
  2. Navarro Oltra. G. Autorretratos del Estado. El sello postal del franquismo. Universidad de Castilla la Mancha. 2013. páx. 136-137. ISBN 9788490440452
  3. "La nueva moneda de níquel". ABC. Sevilla. 17 de abril de 1938.
  4. "Emisión: Grabadores españoles". Correos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Sánchez-Toda, J. El arte de grabar el sello. EMEUVE. 1969.