Xosé Landeira Yrago

xornalista e escritor galego
(Redirección desde «José Landeira Yrago»)

Xosé Landeira Yrago, nado en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 1922 e finado en Vigo o 16 de abril de 1995,[1] foi un xornalista e escritor galego pertencente á Xeración La Noche.

Infotaula de personaXosé Landeira Yrago
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de abril de 1995 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoXornalismo
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Obtivo o título de xornalista na Escola Oficial de Periodismo de Madrid. Formou parte da redacción de La Noche, do que foi redactor xefe, e foi secretario da primeira xunta directiva do Padroado Rosalía de Castro, fundado o 15 de novembro de 1947. En 1951 abandonou España e foi correspondente dos periódicos Madrid e La Vanguardia no Brasil, onde foi chanceler da Embaixada de España no Río de Xaneiro. Retornou en 1964 e foi xefe de redacción, subdirector (1965-1975) e director (1975-1979) de Faro de Vigo, e director da revista Grial. Foi vicepresidente da Asociación da Prensa de Vigo e xefe do Gabinete de Prensa do Tribunal Constitucional ata a súa xubilación.

Como xornalista tivo ao seu cargo páxinas literarias e realizou estudos centrados en aspectos literarios de escritores como Guimarães Rosa, Fernando Pessoa, Lima Barreto ou Camões.

Foi un dos maiores estudosos da vida e obra de Federico García Lorca en xeral e da súa relación con Galicia en particular.

Obras editar

  • Elucidário de Camões: dicionário onomástico e alusivo, 1963.
  • Antoloxía de poesía galega. Dos devanceiros ao dezaoito, 1975.
  • Viaje al sueño del agua: el misterio de los poemas gallegos de García Lorca, 1986.
  • Federico García Lorca y Galicia, 1986.
  • Sobre las fugas de Cunqueiro. Otra vida de Álvaro entre el periodismo y la literatura, 2012 [1991].[2]

Como tradutor editar

  • Auto da barca do inferno, de Gil Vicente (1970), edición e adaptación ao galego.

Notas editar

  1. "José Landeira Yrago, periodista" El País 17/4/1995 (en castelán).
  2. "Auga Editora". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2019. Consultado o 28 de xullo de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar