Xabier Ron
Xosé Xabier Ron Fernández, nado en Lión o 16 de febreiro de 1969,[1] é un profesor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1969 (55 anos) Lión, Francia |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, profesor de ensino secundario |
Traxectoria
editarNaceu en Francia, fillo de emigrantes, e regresou a Galiza, licenciándose en Filoloxía Románica pola USC. Dende 2016, traballa como docente de lingua francesa no IES de Ames.[1] É especialista na lírica dos trobadores románicos, sobre todo do cancioneiro galego-portugués, dos que versou a súa tese de doutoramento defendida en 2016 e titulada "Fenomenoloxía do don na lírica románica das primeiras xeracións".[1]
É militante do Partido Comunista de Galicia, sendo membro do Comité Central; é igualmente membro da executiva de Esquerda Unida, onde desenvolve a responsabilidade de Secretario de Movementos Sociais e coordinador comarcal en Compostela. Vencellado ás reivindicacións do movemento migratorio de Galicia é membro do Foro Galego de Inmigración desde a súa creación.
Foi elixido candidato á alcaldía por Esquerda Unida Compostela nas eleccións municipais de 2007 e 2011[2], e cabeza de lista pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 2008. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012 por Alternativa Galega de Esquerda.
Obra
editar- Os exilios que somos, fotopoemario de coautoría compartida con Irene Tomé (Alvarellos, 2020)[3]
Tradución
editar- Morte en Arán, de Tòni Escala (Hugin e Munin, 2019).[4]
- Morrerei outro día, de Isabelle Alonso, tradución conxunta con Isabel Soto (Ed. Hugin e Munin, 2020)
- Diario dunha sufraxista, de Nicole Cadène (Laiovento, 2024).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Curriculum Vitae". usc-es.academia.edu. Consultado o 29 de decembro de 2020.
- ↑ "IU elixe a Xavier Ron candidato á Alcaldía de Compostela" Arquivado 13 de outubro de 2010 en Wayback Machine., artigo en Xornal de Galicia, 10 de outubro de 2010.
- ↑ Ficha da obra Arquivado 24 de setembro de 2020 en Wayback Machine. na páxina web da editorial.
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). ""Morte en Arán" na Editorial Hugin e Munin". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 17 de outubro de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine.