José Fernando Martínez Rodilla

futbolista galego

José Fernando Martínez Rodilla, nado en Vigo o 3 de marzo de 1950, é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro.

Modelo:BiografíaJosé Fernando Martínez Rodilla
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1968–1969 Gran Peña Fútbol Club
1969–1970 cesión Unión Popular de Langreo
1969–1976   Celta de Vigo 96(5)
1976–1977   Real Valladolid 12(0)
1977–1977 CE Sabadell 0(0)
1977–1978   CF Reus Deportiu
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1971–1971   España sub-23 2(0)
1972–1972   España 1(0)

Traxectoria

editar

Comezou a xogar con once anos no equipo infantil Alerta do Frente de Juventudes. Aos 16 anos ficha polo equipo xuvenil do Celta de Vigo tras dous anos foi cedido a equipos da Terceira División, primeiro ao Gran Peña Fútbol Club na tempada 1968-69, e despois ao UP Langreo, equipo co que conseguiu o ascenso a Segunda División.

Na tempada 1969/70 subiu ao primeiro equipo, co que debutou na primeira xornada, o 13 de setembro de 1970 ante o Sporting de Xixón en Balaídos. Esa tempada, na que Rodilla foi un dos máis utilizados, rematou coa primeira clasificación da historia do equipo para xogar a Copa da UEFA.

Estas boas actuacións levárono a ser convocado coa Selección de fútbol de España polo selecionador Ladislao Kubala, coa selección só disputou un encontro, contra Grecia o 28 de outubro de 1970. Porén o gran mérito foi ser convocado pola Selección da FIFA para xogar un encontro de homenaxe ao xogador do SL Benfica Mario Coluna, con só 19 anos formou equipo con xogadores como Bobby Charlton, Bobby Moore, Johan Cruyff, Eusébio ou Luis Suárez[1].

En setembro de 1971 participou no debut do equipo na Copa da UEFA ante o Aberdeen. Porén na tempada seguinte estaría moitas semanas apartado do equipo a causa dunha lesión que levaba tempo arrastrando, que o obrigou a operarse en Barcelona.

Ao finalizar a tempada 1975/76 deixa o equipo tras acadar o ascenso a Primeira División Española unha vez máis.

Tras deixar Vigo xogou no Real Valladolid en Segunda División e posteriormente no Reus, Yeclano e Club Turista.

  1. Alberto Fernández (8 de decembro de 2015). "Rodilla disputaba el homenaje a Mário Coluna". La Voz de Galicia (en castelán).