Xosé Deira Triñanes

político español
(Redirixido desde "José Deira Triñanes")

Xosé Deira Triñanes, nado en Boiro o 29 de febreiro de 1948, é un político galego vinculado ao BNG.

Xosé Deira Triñanes
Xosé Deira Triñanes.jpg
Nacemento29 de febreiro de 1948
 Boiro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Filosofía pola Universidade de Valencia e en Psicoloxía pola Universidade de Madrid, foi profesor de Psicoloxía na Universidade de Santiago. Logo pasou ao ensino medio, e impartiu clases en institutos de Cee, Ribeira e Boiro. Foi director do Instituto Praia Barraña, de Boiro, entre 1992 e 2003.

En 1986 afiliouse a Esquerda Galega, da que foi secretario comarcal. En 1995 integrouse no BNG do que foi secretario e responsable de política municipal da asemblea local do BNG boirense. Dende 2003 foi alcalde da vila de Boiro polo BNG. Gobernou en minoría grazas a un pacto co PSOE, sendo tenente alcalde polo PSOE Juan Jesús Ares González. Nas municipais de 2011 perdeu o 10% dos votos e un concelleiro, co que a alcaldía pasou de novo ao PPdeG.


Predecesor:
Jesús Alonso Fernández
  
Alcalde de Boiro
 
2003 - 2011
Sucesor:
Juan José Dieste

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar