José Díaz Chaves
comerciante e político galego
José Díaz Chaves, finado en Santiago de Compostela o 14 de setembro de 1963,[1] foi un comerciante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | 14 de setembro de 1963 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
![]() | |
1936 – ← José Campos Villar ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político ![]() |
Traxectoria
editarFillo de José Díaz Domínguez e María Chaves Nogueira, de Calo. Emigrou a Cuba, onde se dedicou ao comercio. Retornou a Galicia nos anos vinte e estableceuse en Campo Lameiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Campo Lameiro.
Predecesor: José Campos Villar |
Alcalde de Campo Lameiro 1936 - ? |
Sucesor: ? |
Vida persoal
editarCasou en Campo Lameiro con María Barros Fernández en 1924,[2] e foi pai de José Miguel e Ramón Díaz Barros. Foi tío de Santiago Montero Díaz.