José Campos Villar
José Campos Villar, nado en Campo Lameiro cara a 1870 e finado na Illa de San Simón o 27 de setembro de 1939, foi un comerciante, agrarista e político galego.
José Campos Villar | |
---|---|
Nacemento | 1870 |
Lugar de nacemento | Campo Lameiro |
Falecemento | 27 de setembro de 1939 |
Lugar de falecemento | Illa de San Simón |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo de Valentín Campos Barros. Agrarista, foi representante da Federación Agraria de Cambados-Caldas de Reis e alcalde de Campo Lameiro a principios dos anos vinte. Foi detido en outubro de 1924 acusado de desacato aos somatenistas de Campo Lameiro.[1] Acusado de agresión ao secretario do concello Manuel Fernández González, foi detido en abril de 1929.[2] Foi alcalde de Campo Lameiro en 1930. Na República foi elixido alcalde de Campo Lameiro. Militou en Acción Republicana.[3] Foi destituído con toda a corporación en outubro de 1934.[4] Integrouse en Izquierda Republicana e foi reposto como alcalde logo do triunfo da Frente Popular nas elección de febreiro de 1936.[5] O 8 de marzo de 1936 recibiu unha homenaxe popular en Campo Lameiro.[6] Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 4 de febreiro de 1937 con Vicente Soto Martínez, Timoteo Blanco Abal, Adolfo Caeiro García e José Elías Silva Caneda.[7] Condenado a cadea perpetua, foi internado na Illa de San Simón onde morreu por neoplaxiao o 27 de setembro de 1939 con 66 anos.
Predecesor: ? |
Alcalde de Campo Lameiro 1931 - 1934 |
Sucesor: José Barros Mosquera |
Predecesor: José Barros Mosquera |
Alcalde de Campo Lameiro 1936 |
Sucesor: José Díaz Chaves |
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- José Campos Villar na páxina web Nomes e Voces.