José Corzo Conde

político galego

José Corzo Conde, nado en Rodeiro cara a 1886, foi un político galego.

Infotaula de personaJosé Corzo Conde
Biografía
Nacemento1886 Editar o valor em Wikidata
Rodeiro Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estivo emigrado en Cuba e Arxentina. Ao seu retorno instalouse como industrial de Arzúa. En 1933 era secretario da Sociedad Agraria Socialista de Arzúa,[1] presidida por Ramón García Regueiro.[2] Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Arzúa e 3º tenente-alcalde. Foi o presidente da primeira Agrupación Socialista de Arzúa constituída o 27 de abril de 1936.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Foi xulgado en Compostela por rebelión xunto con Juan Manuel Vidal García nun proceso incoado o 25 de agosto e declarado en rebeldía. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1937, que pecharon en 1945 pola súa defunción.[4]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 15-7-1933, p. 1.
  2. BOP A Coruña, 23-3-1934, p. 2.
  3. "El PSOE de Arzúa fija el 27 de abril como día del socialismo local", La Voz de Galicia, Santiago, 17-3-2010, p. L12.
  4. BOP A Coruña, 10-12-1945, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Lanero Táboas, Daniel (2006). Os remendos da memoria. A represión franquista no Concello de Arzúa (1936-1950). Arzúa: Concello. ISBN 84-606-4054-X. 

Ligazóns externas editar