José Cividanes

avogado e político galego

José Cividanes Álvarez, nado en Vigo en 1865 e finado en Marín o 11 de xullo de 1937, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaJosé Cividanes
Biografía
Nacemento1865 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xullo de 1937 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi avogado en Vigo. Foi nomeado avogado do Estado, exercendo primeiro na provincia de Ourense (1896) e dende 1901 na provincia de Pontevedra. O 25 de decembro de 1931 participou no acto de fundación do partido Unión Regional de Derechas de Pontevedra celebrado no Teatro Principal da capital no que foi nomeado Presidente da Xunta Directiva e da que tamén formaban parte Tomás Abeigón Pazos coma Viceresidente e Víctor Lis Quibén coma Secretario.[1]. Finou en Marín o 11 de xullo de 1937.[2]

Vida persoal editar

Casou con Rosa Patiño Lima.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 27-12-1931, p. 12.
  2. El Pueblo Gallego, 13-7-1937, p. 9.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 198. ISBN 978-84-8457-448-4.