José Castro Soto

político galego

José Castro Soto, coñecido como Pepe do Cristo, nado en Ortigueira e finado no mesmo concello en 1983,[1] foi un político galego.

Infotaula de personaJosé Castro Soto
Biografía
NacementoOrtigueira, España Editar o valor em Wikidata
Morte1983 Editar o valor em Wikidata
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño de Devesos. Na República foi concelleiro de Ortigueira en 1933. Como consecuencia da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido con Manuel Martínez Blanco e Venerando Yáñez Martínez, acusados de pertencer ao radio comunista e de tenencia de armas.[2] Xulgados en consello de guerra por auxilio a rebelión o 14 de xaneiro de 1935, José Castro e Manuel Martínez foron condenados. Despois do triunfo electoral da Fronte Popular saíu do cárcere ao beneficiarse dunha amnistía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e botouse ao monte. Foi membro dunha partida de fuxidos. Xulgado por rebelión militar, foi declarado en rebeldía.

Vida persoal editar

Casou con Hermesinda López Beceiro e foi pai de Alfonso e Antonio Castro López.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 14-6-1984, p. 61
  2. El Correo Gallego, 3-11-1934, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar