José Carlos Lariño

futbolista español

José Carlos Lariño Fernández, nado en Pontevedra o 27 de outubro de 1941 e finado o 31 de decembro de 2020,[1] foi un futbolista galego. Xogaba de defensa.

Lariño
Información persoal
Nome José Carlos Lariño Fernández
Nacemento 27 de outubro de 1941
Lugar de nacemento Pontevedra
Falecemento 31 de decembro de 2020
Posición Defensa
Carreira xuvenil
1955–1960 Salcedo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1960 Salcedo
1960–1967 Deportivo da Coruña 75 (1)
1960 Xuvenil 3 (0)
1962–1963 Sporting de Gijón 17 (0)
1967–1969 Valladolid 42 (0)
1969–1971 Ourense 30 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol aos 14 anos no Salcedo da súa cidade natal, Pontevedra.[2] Despois de destacar nos xuvenís e no primeiro equipo, e de xogar varias veces coa selección galega xuvenil, fichou polo Deportivo da Coruña en marzo de 1960. Xogou cedido no Xuvenil de Terceira División os derradeiros partidos da tempada 1959/60, para tentar salvar a categoría, mais sen éxito.[3]

Na tempada 1960/61 foi suplente no Deportivo, club co que debutou en partido oficial na tempada seguinte, o 24 de setembro de 1961, nun derbi contra o Celta de Vigo en Balaídos correspondente ao campionato de Segunda División. Xogou un total de 24 encontros esa campaña, na que o club coruñés se proclamou campión de Segunda e ascendeu a Primeira División.

Para a tempada 1962/63 saíu cedido ao Sporting de Gijón, de Segunda,[4] onde xogou 19 partidos, tendo como compañeiros habituais na defensa a Florín e a Puente. Regresou á Coruña na parte final da tempada, debutando co equipo galego na máxima categoría da man do adestrador Lelé, na xornada 27, nun encontro en Riazor contra o Real Oviedo que rematou con vitoria deportivista (2–1). Ese ano o club coruñés descendeu a Segunda.

Militou no Deportivo catro tempadas máis, pero a chegada de Campanal e Gatell na última delas pechoulle a porta da titularidade, polo que deixou o club no verán de 1967.[5] Fichou entón polo Valladolid, co que xogou dous anos na Segunda División, antes de regresar a Galicia para xogar no Ourense, da mesma división.[6] O equipo ourensán descendeu esa tempada, e en outubro de 1970, Lariño anunciou a súa retirada do fútbol, aos 28 anos de idade.[7][8]

Foi pai do médico do Deportivo da Coruña, Carlos Lariño. Faleceu o derradeiro día de 2020, con 79 anos.[5]

Notas editar

  1. José Carlos Lariño: el defensa de los tres ascensos
  2. "Lariño, figura descollante de los juveniles". La Noche (en castelán) (11934). 12 de decembro de 1959. p. 4. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  3. "Un prometedor jugador: Lariño". La Noche (en castelán) (12037). 12 de abril de 1960. p. 4. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  4. "Ayer marchó Lariño a Gijón". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de outubro de 1962. p. 5. 
  5. 5,0 5,1 "Lariño, xogador do Deportivo 'ascensor' da década dos 60, faleceu aos 79 anos". 31 de decembro de 2020. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  6. "Lariño, fichó por el Orense". El Pueblo Gallego (en castelán). 6 de agosto de 1969. p. 23. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  7. "Sorpresa: Lariño anuncia su retirada" (en castelán). 21 de outubro de 1970. p. 19. 
  8. "¿Norat, baja en la plantilla del Orense?". El Pueblo Gallego (en castelán). 22 de outubro de 1970. p. 20. Consultado o 21 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar