Xosé Caridad Mateo

arquitecto galego
(Redirixido desde "José Caridad Mateo")

Xosé Caridad Mateo, nado en Betanzos o 24 de xuño de 1906 e finado en México en 1996, foi un arquitecto galego.

Xosé Caridad Mateo
Nacemento24 de xuño de 1906
Lugar de nacementoBetanzos
Falecemento1996
Lugar de falecementoMéxico
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
PaiRogelio Caridad Pita
editar datos en Wikidata ]
Casa Sendón,[1] xunto ao parque de Santa Margarida, na Coruña.

TraxectoriaEditar

 
Casa Caramés, en Perillo

Fillo do xeneral Rogelio Caridad Pita. Pasou a súa infancia e mocidade na Coruña e comezou a estudar Arquitectura primeiro en Madrid e despois en Barcelona, onde se titulou en 1931. Nesta cidade recibiu a influencia do movemento GATEPAC (Grupo de Artistas e Técnicos Españois para a Arquitectura Contemporánea) o que se reflicte no racionalismo da súa obra. Representou en Galicia o inicio do movemento moderno, que introduciu as correntes de vangarda europeas. Empezou a exercer a profesión na Cámara da Propiedade Urbana da Coruña, pero o seu traballo viuse frustrado co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Fusilado o seu pai, Rogelio Caridad, en 1936, incorporouse cos seus irmáns ao bando republicano. Ao remate da guerra fuxiu a Francia e alí estivo prisioneiro no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Despois exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz o 13 de xuño de 1939 a bordo do buque Sinaia. En México volveu exercer a arquitectura. Desenvolveu actividades vinculadas coa emigración galega e foi editor da revista Saudade e director de Vieiros.

ObraEditar

 
Casa Morán, na Coruña.

As obras máis importantes que realizou en Galicia foron a reforma da xoiería Malde (Santiago de Compostela, 1934), coa que se iniciou o debate sobre a intervención no patrimonio arquitectónico, a casa Caramés (Perillo,[2] 1937) e a Casa Morán[1] (edificio de vivendas da rúa Emilia Pardo Bazán, número 6, na Coruña, 1938). Estas obras caracterízanse pola limpeza e racionalidade dos cuartos e dos elementos engadidos. En Cidade de México realizou traballos en colaboración co arquitecto Félix Candela.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Aporte del exilio español a la arquitectura mexicana". COAG. Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  2. "El Docomomo oleirense". La Opinión de A Coruña (en castelán). 7 de outubro de 2012. Consultado o 6 de decembro de 2015. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar