José Calviño Ozores

enxeñeiro e político galego

José Calviño Ozores, nado en Lalín o 31 de decembro de 1895 e finado en Madrid o 24 de outubro de 1987, foi un enxeñeiro e político galego.

Infotaula de personaJosé Calviño Ozores
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1895 Editar o valor em Wikidata
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 1987 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiBenito Antonio Calviño Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Benito Antonio Calviño Mejuto. Estudou enxeñería industrial en Madrid e Bélxica. Foi xefe de negociado do Ministerio de Facenda en Madrid e incorporouse á Agrupación Socialista da capital entre xullo de 1934 e febreiro de 1936. Durante a Guerra Civil foi un dos encargados de xestionar a compra de armas para a República como xefe de negociado do Ministerio de Facenda.[1] Foi director da sociedade española CAMPSA-Gentilbus. Foi un dos fundadores da Casa de Galicia de París en 1956. Vinculado ao PSOE, rompeu con el para apoiar ao Partido Socialista Galego, financiando a publicación do seu voceiro Adiante, impreso en Perpiñán en 1965.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4. 
  • Ramos, Sonia (2020): El Tesoro de Calviño: La misteriosa vida de José Calviño Ozores, un agente de compra de armas de la República.

Ligazóns externas editar