Adiante (Perpiñán)

Adiante foi o voceiro do Partido Socialista Galego entre 1965 e 1976.

Historia e características editar

Grazas á colaboración do Moviment Socialista de Catalunya, con quen o Partido Socialista Galego establecera relación, comezouse a editar en Perpiñán a partir do mes de outubro de 1965. No primeiro número declárase: «Non somos marxistas. Somos socialistas europeos modernos. E non somos nacionalistas porque non somos reaccionarios». Ao principio é un periódico bilingüe; a partir de 1976 cambiou o seu título por Galicia Socialista e pasou a escribirse unicamente en galego. En 1988 pasou a chamarse Galiza Socialista.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar