Abrir o menú principal

Galicia Socialista foi un grupo político clandestino de esquerdas e nacionalista organizado en Vigo en 1968[1] arredor de Camilo Nogueira Román e Xan López Facal composto fundamentalmente por traballadores, en especial da fábrica de Citroën, e que intentou, sen éxito, crear un sindicato nacionalista, contaba tamén con outro grupo en Compostela composto por estudantes universitarios, nun principio mantivo contactos coa FLP e traballou na vida sindical no seo de Comisións Obreiras. En 1972 integrouse na Unión do Povo Galego.

NotasEditar

  1. Fermí Rubiralta Casas. De Castelao a Mao. Santiago de Compostela, 1998. páx. 143