José Fernando Bello Amigo

futbolista galego-australiano
(Redirección desde «José Bello Amigo»)

José Fernando Bello Seráns, máis coñecido como Bello Amigo, nado en Ribeira o 5 de novembro de 1978, é un exfutbolista galego-australiano, que xogaba de porteiro. Coñecido polos dous apelidos de seu pai, o tamén futbolista José María Bello Amigo, destacou especialmente no Racing de Ferrol, club co que xogou 118 partidos entre 2001 e 2005.

José Bello Amigo
Información persoal
Nome José Fernando Bello Amigo Serans
Nacemento 5 de novembro de 1978 (45 anos)
Lugar de nacemento Ribeira
Altura 1,82 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
1996 St. George
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997 St. George 11 (0)
1998 Leichhardt Tigers
2000–2001 Canterbury-Marrickville
2001–2005 Racing de Ferrol 113 (0)
2005–2008 Poli Ejido 37 (0)
2008–2009 Jerez Industrial 25 (0)
2010 Marconi Stallions
2011–2012 Leichhardt Tigers
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo do antigo futbolista de Ribeira José María Bello Amigo, que xogara como centrocampista no Racing de Ferrol antes de emigrar a Australia, José Fernando naceu en Ribeira e criouse no país oceánico, ao que chegou con cinco anos.[1][2] Formouse como porteiro de fútbol no St George de Sydney, debutando co primeiro equipo en 1997. Posteriormente pasou polo Leichhardt Tigers e polo Canterbury-Marrickville.

No ano 2001 regresou a Galicia para se poñer a proba no mesmo equipo no que xogara seu pai catro décadas e media antes, o Racing de Ferrol. Alí, foi do agrado do adestrador Luis César e fichou polo club para a tempada 2001/02 e para as tres seguintes.[1] Realizou o seu debut o 10 de outubro de 2001, nunha vitoria por 1-0 sobre o Burgos na Copa do Rei. Durante a súa primeira campaña estivo como terceiro gardameta, por detrás de Aizkorreta e David de Navas, e non debutou na Segunda División ata a derradeira xornada, fronte ao Córdoba.

Na tempada 2002/03 fíxose coa titularidade na portería da Malata, que xa non abandonou durante as seguintes tres tempadas. Co equipo ferrolán viviu un descenso á Segunda División B e un novo ascenso na seguinte tempada. Acumulou 118 partidos oficiais durante as súas catro campañas co club verde.

Ao remate do seu contrato en 2005, asinou co Poli Ejido, ao que chegou xunto aos tamén exracinguistas Tena e Curro Vacas. Xogou tres anos co club andaluz na Segunda División, contando con poucos minutos durante as dúas primeiras tempadas, pola presenza no equipo do porteiro Kike. Trala retirada deste pasou a ser o porteiro titular do equipo, e acabou acumulando un total de 39 encontros nos seus tres anos no club.

Na campaña 2008/09 militou no Jerez Industrial, na Terceira División,[3] logrando o ascenso a Segunda B. A continuación volveu a Australia, onde xogou no Marconi Stallions e outra vez no Leichhardt Tigers, onde se retirou en 2012.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Alonso, Paulo (9 de agosto de 2001). "Bello vuelve como un bumerán". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  2. "Bello Amigo: "Habrá cometencia pero con un objetivo común"". As (en castelán). 19 de xullo de 2005. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  3. "El Jerez Industrial cierra el plantel con el fichaje del guardameta Bello Amigo" (en castelán). 29 de xaneiro de 2009. Consultado o 4 de agosto de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar