José María Bello Amigo

futbolista galego

José María Bello Amigo, coñecido como Bello Amigo, nado en Ribeira o 18 de marzo de 1935 e finado no mesmo lugar o 12 de decembro de 2020, foi un futbolista galego que xogaba como centrocampista.

Bello Amigo
Información persoal
Nome José María Bello Amigo
Nacemento 18 de marzo de 1935
Lugar de nacemento Ribeira
Falecemento 12 de decembro de 2020
Lugar de falecemento Ribeira
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1952–1954 Celta de Vigo 0 (0)
1952–1953 Casablanca
1953–1954 Club Santiago
1954–1957 Racing de Ferrol 27 (4)
1957–1958 Xuvenil
1958–1960 Arousa
1960–? Canterbury
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Foi pai do tamén futbolista José Fernando Bello, coñecido tamén como Bello Amigo, que xogaba como porteiro.

Traxectoria editar

Celta de Vigo editar

Comezou a xogar ao fútbol aos 15 anos, cando saltou ao campo nun partido en Frións.[1] Axiña comezou a destacar e aos 17 anos fichou polo Celta de Vigo, que o cedeu ao Casablanca, da Serie A, onde coincidiu con xogadores como Padrón ou Quinocho.[2] Durante a tempada 1953/54 xogou cedido no Club Santiago, da Terceira División.[3]

Durante esa época chegou a xogar varios partidos amigables nas filas do Celta, pero ningún oficial,[4][5] e en xuño de 1954 recibiu a carta de liberdade.[6]

Racing de Ferrol editar

Ao deixar o Celta de Vigo probou co Deportivo da Coruña, equipo do que era simpatizante,[1] pero tras non chegar a un acordo, en setembro de 1954 fichou polo Racing de Ferrol, da Segunda División.[7] Debutou na categoría de prata aos 19 anos, da man do adestrador Vázquez nun partido ante o Sestao,[8] e marcou o seu primeiro col tres semanas despois contra o Eibar. Militou durante tres tempadas no club ferrolán, no que coincidiu con xogadores como Bernabé, Fábregas, Seijas, Franco, Lexo, Tucho Sampedro, Suco ou Tito Blanco.

Durante a súa etapa no club verde sufriu varias lesións, polo que só puido disputar 27 partidos, nos que marcou 4 goles. En 1957 foi realizar o servizo militar á Coruña, e foi cedido ao Xuvenil, da Terceira División,[9] onde coincidiu con futbolistas como Pais, Firi e Vegazo.[1] Practicou atletismo e foi campión de España militar nos 100 metros lisos e tamén nos 200.[10]

Arousa editar

En 1958, cando xa planeaba emigra a Australia, recibiu unha oferta do Arousa, tamén de Terceira, que acabou por aceptar.[1][11] Debutou cun triplete ante o Cambados, e volveu coincidir con Tito Blanco.[12] Axiña se converteu no capitán do equipo arousán, no que militou ata 1960, cando unha nova lesión o desmoralizou e o fixo emigrar a Australia.[1]

Australia editar

No país oceánico xogou no Canterbury e traballou nunha tabaqueira da marca Rothmans.[1] Tivo tres fillos e un deles, José Fernando Bello, coñecido tamén como Bello Amigo, foi futbolista e xogou como gardameta en equipos como o Racing de Ferrol ou o Poli Ejido.

A finais dos anos 70 regresou a Ribeira para rexentar o Hotel Moderno, propiedade de seus pais, pero acabou volvendo a Australia.[10] Faleceu en Ribeira o 12 de decembro de 2020, aos 85 anos de idade.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Entrevista a Bello Amigo". Facebook. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  2. "El Campeonato de Galicia de la Serie A". El Pueblo Gallego (en castelán) (9682). 16 de decembro de 1952. p. 3. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  3. "Buena tarde de fútbol en Santa Isabel con la merecida victoria del Club Santiago sobre el Calzada por 3 a 0". La Noche (10240). 21 de decembro de 1953. p. 3. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  4. "El Celta venció a los ingleses". El Pueblo Gallego (en castelán) (9684). 20 de marzo de 1953. p. 4. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  5. "Celta y España Industrial empataron a dos tantos". El Pueblo Gallego (en castelán) (9860). 13 de outubro de 1953. p. 6. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  6. "Ayer se celebró la anunciada Conferencia de Prensa en el R. C. Celta". La Noche (en castelán) (10399). 29 de xuño de 1954. p. 5. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  7. "Bello Amigo fichó por el Club Ferrol". La Noche (en castelán). 27 de setembro de 1954. p. 3. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  8. "Por tres a uno fué vencido el Ferrol en Bilbao". El Pueblo Gallego (en castelán) (10181). 5 de outubro de 1954. p. 2. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  9. "Gran Peña, 2 - Juvenil, 0". El Pueblo Gallego (en castelán) (11079). 1 de outubro de 1957. p. 15. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "Fallece José María Bello Amigo, el ribeirense que conquistó el fútbol de Australia en los años 60". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de decembro de 2020. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  11. "Prosiguen los fichajes en el Arosa". La Noche (en castelán) (11686). 30 de agosto de 1958. p. 6. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  12. "El Arosa realizó un gran partido de presentación en Villagarcía". El Correo Gallego (en castelán) (26574). 23 de setembro de 1958. p. 7. Consultado o 4 de agosto de 2022.