José Baña Pose
José Baña Pose, coñecido como Pepe de Xan Baña, nado en Varilongo (na parroquia de Santa Sabiña do concello de Santa Comba) o 4 de xaneiro de 1872 e finado na Habana o 16 de outubro de 1945, foi un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1872 Santa Comba, España |
Morte | 16 de outubro de 1945 (73 anos) A Habana, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Traxectoria
editarAsistiu a escola intermitentemente durante tres anos ata que o 17 de agosto de 1889 emigrou á Habana. Comezou traballando nunha adega, e despois estudou para cura, abandonando os estudos cando lle faltaba moi pouco para rematar. Acadou o título de mestre de instrución pública, e con el impartiu docencia en diversos lugares de Cuba, sendo o seu derradeiro destino a escola do barrio de Cayajabos, preto de Artemisa, na provincia de Pinar del Río. Colaborou literariamente no Diario de la Marina e participou no ambiente cultural do Centro Galego da capital cubana. Mantivo amizade con Manuel Curros Enríquez. Viaxou a Galicia en 1921, cando contaba con 49 anos. Pasou os últimos anos na sociedade La Benéfica, da que era socio de honra e na que recibiu todas as atencións e coidados médicos necesarios. Os seus restos descansan no Panteón do Centro Galego do Cemiterio de Colón da cidade da Habana.
Case sempre escribiu en galego.
Obras
editar- Vida e milagros de Pepe de Xan Baña en trinta anos de Cuba: Vindicación, 1921.
- Suspiros n’a terriña: depois de trinta e dous anos d’a Habana, 1922.
Recoñecementos
editarO colexio de primaria de Traba, na parroquia de Xallas de Castriz, unha asociación veciñal en Santa Sabiña e unha rúa en Santa Comba levan o seu nome.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Froxán Rial, Manuel; Ferreiro García, Ramón (1994). Concello de Cabana, ed. A vida e obra de Pepe de Xan Baña. Cabana de Bergantiños. Consultado o 10 de maio de 2013.