José Antonio Ucha
político español
José Antonio Ucha Velo é un político galego do PSdeG-PSOE.
José Antonio Ucha | |
---|---|
Nome completo | José Antonio Ucha Velo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Santa Comba e foi elixido alcalde grazas ao apoio dos concelleiros de TEXA (Terra de Xallas) e IxS (Independientes por Santa Comba). Foi substituído o 25 de febreiro de 2008 por Miguel Pérez Fernández (Partido Independientes por Santa Comba) tras unha moción de censura. Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura do PSdeG gañando as eleccións e proclamándose Alcalde por ser a lista maioritaria. Conformou goberno co apoio dos concelleiros de TEGA.[1] En maio de 2016 TEGA xuntouse co Partido Popular para presentarlle unha moción de censura que o botou da alcaldía [2].
Predecesor: José Toja Parajó |
Alcalde de Santa Comba 2007 - 2008 |
Sucesor: Miguel Pérez Fernández |
Predecesor: María Josefa Pose Rodríguez |
Alcalde de Santa Comba 2015 - 2016 |
Sucesor: María Josefa Pose Rodríguez |