María Pose
política galega
(Redirixido desde "María Josefa Pose Rodríguez")
María Josefa Pose Rodríguez é unha política galega do PPdeG.
María Pose | |
---|---|
Nacemento | século XX |
Galicia | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Nas eleccións municipais de 2011 foi elixida concelleira de Santa Comba polo PPdeG e primeira tenente de alcalde. En novembro de 2014 dimitiu o alcalde Antonio Landeira[1] e Pose é elixida alcaldesa, mantendo así a alcaldía o PP cos votos a favor de Independientes por Santa Comba[2]. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixida concelleira. O PPdeG, neste caso, non obtivo a maioría suficiente para gobernar. En maio de 2016 o Partido Popular e Terra Galega presentaron unha moción de censura ao alcalde socialista José Antonio Ucha Velo trala que Pose foi elixida de novo alcaldesa [3].
Predecesor: Antonio Landeira Gallardo |
Alcaldesa de Santa Comba 2014 - 2015 |
Sucesor: José Antonio Ucha Velo |
Predecesor: José Antonio Ucha Velo |
Alcaldesa de Santa Comba 2016 - 2019 |
Sucesor: David Barbeira García |
NotasEditar
- ↑ El alcalde de Santa Comba dimite y alega “motivos personales” El País, 08/11/2014 (en castelán).
- ↑ María Pose convértese na primeira alcaldesa xalleira La Voz de Galicia, 28/11/2014.
- ↑ A popular María José Pose é a nova alcaldesa de Santa Comba CRTVG, 26/05/2016.