José Amil Antas

José Amil Antas, nado en Beade e finado en Pontevedra o 7 de agosto de 1906, foi un militar e político gaelgo.

José Amil Antas
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Militar, membro da Asociación Militar Revolucionaria organizada por Manuel Ruiz Zorrilla e comprometido nas conspiracións zorrillistas. Destinado en Cuba, onde serviu máis de vinte anos, pasou de sarxento a capitán e logo a comandante. De ideas republicanas e anticlericais foi postergado no exército e trasladado, primeiro a Estrada, despois a Zaragoza e finalmente a Pontevedra, onde pediu o pase á escala de resrva e despois o retiro. Instalado en Pontevedra, participou na loxa masónica da cidade, foi un activo membro do Partido Republicano, que chegou a dirixir logo do pasamento de Armesto e Pascual Paz, e fundou e presidiu a Cooperativa de Consumo.[1]

Vida persoalEditar

Casou en Cuba con Elena Soto Martínez e foi pai de Abelardo e Fernando Amil Soto.

NotasEditar

  1. La Libertad, 9-8-1906, p. 2.