José Alonso Puente

mestre e sindicalista galego

José Alonso Puente, nado en Santiago de Compostela en 1913 e finado na mesma cidade o 28 de xaneiro de 2008, foi un mestre e sindicalista galego.

Infotaula de personaJosé Alonso Puente
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xaneiro de 2008 Editar o valor em Wikidata (94/95 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , sindicalista Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Alonso Vieites Editar o valor em Wikidata
IrmánsAntonio Alonso Puente e Libertad Alonso Puente Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de José Alonso Vieites e sobriño de Eduardo Puente Carracedo. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Foi mestre na Escola número 1 de Santiago se Compostela. En 1933 participou na creación da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza (ATE) de Santiago de Compostela, da que foi nomeado vicesecretario en xaneiro de 1936.[1] Representou á ATE de Compostela no Congreso fundacional da Federación Galega de Trabajadores de la Enseñanza da UGT celebrado en Vigo en maio de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído. En decembro de 1942 conseguiu que se revisase o seu expediente e se reducise a sanción a traslado fóra da provincia durante tres anos e inhabilitación para o exercicio de cargos directivos e de confianza. En 1943 foi nomeado propietario provisional para a escola nacional do Pósito Marítimo de Cariño como rehabilitado.[2] Pasou despois a Bullán (Becerreá)[3] e en 1946 a Pontecesures.[4] Licenciose en Filosofía e Letras en 1948.[5] Finou en Santiago de Compostela o 28 de xaneiro de 2008.[6]

Vida persoal editar

Casou en Santiago de Compostela con María Cándida Vila Rodríguez o 20 de marzo de 1957,[7] e foi pai de Chus, José e Marta Alonso Vila.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 29-1-1936, p. 10.
  2. La Voz de Galicia, 1-5-1943, p. 3.
  3. El Ideal Gallego, 9-8-1944, p. 7.
  4. El Correo Gallego, 25-7-1946, p. 7.
  5. El Correo Gallego, 3-8-1948, p. 2.
  6. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 29-1-2008, p. 51.
  7. El Correo Gallego, 21-3-1957, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar