Eduardo Puente Carracedo

sindicalista e librepensador galego

Eduardo Puente Carracedo, coñecido como Nécoras, nado en Santiago de Compostela en 1887 e finado na mesma cidade o 28 de xuño de 1937, foi un sindicalista e librepensador galego.

Infotaula de personaEduardo Puente Carracedo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1887 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xuño de 1937 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAntonio Puente Arrochena Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Antonio Puente Arrochena, dunha familia de panadeiros. Foi un dos fundadores da Juventud Liberal e participou nun mitin en lembranza de Ferrer i Guardia en 1910. Emigrou a Arxentina e destacou en Tierra de Fuego como un dos alicerces da Federación Obrera de Magallanes, pasou un ano na prisión de Ushuaia e foi deportado en 1921. Retornou a Santiago de Compostela e foi asesor do Sindicato de Panaderos La Espiga da CNT. A mediados dos anos 20 dirixiu o negocio familiar afastándose da organización obreira. Na República fíxose célebre por rexentar unha taberna no Pombal denominada El Infierno e polas súas actitudes anticlericais. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 buscou refuxio nos restos do Castelo da Rocha Forte, pero foi capturado, estivo preso e foi asasinado na ponte da Rocha, no lugar da Amañecida, en Compostela.

A súa vida serviu de inspiración para a novela Home sen nome de Suso de Toro.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar