Jorge Romero

baloncestista español

Jorge Romero Montes, tamén coñecido como Jorge Santana, nado o 9 de xaneiro de 1990 nas Palmas de Gran Canaria, é un xogador profesional español de baloncesto. Actualmente xoga para o Club Baloncesto Breogán de Lugo, no que xoga na posición de ala cunha altura de 1,92 metros.

Jorge Romero
Cafés Candelas Breogán  – No. 15
Información persoal
Nacemento 9 de xaneiro de 1990 (34 anos)
Illas Canarias As Palmas, Canarias
Nacionalidade España España
Altura 1,92 m (6 ft 4 in)
Posición Escolta
Liga LEB
Información da carreira
Canteira Joventut e Gran Canaria
Internacional Categorías inferiores
Carreira desde 2008
Historial de equipos
Real Madrid (2008–2010) LEB Prata / ACB
Tarragona (2010–2012) LEB
Peñas Huesca (2012–2014) LEB
Basket Navarra (2014–2015) LEB
Palma Air Europa (2015–2016) LEB
CB Breogán (2016–presente) LEB

Traxectoria editar

Nado nas Palmas de Gran Canaria, Romero formouse como xogador desde moi novo no Club Heidelberg, nos Salesianos das Palmas e no Joventut de Badalona en categoría infantil. Co club catalán gaña o Campionato de Europa cadete, estando entre os seus compañeiros Ricky Rubio. Posteriormente chega ás categorías inferiores do Gran Canaria, onde permanece até acaba a súa etapa júnior. Durante a súa mocidade é internacional coas categorías inferiores da selección española. No ano 2008 asina polo Real Madrid, onde compatibiliza os adestramentos co primeiro equipo coa participación no filial de LEB. O 5 de abrilde 2009 debuta en ACB co equipo madrileño nun partido ante o CAI Zaragoza, o cal tamén debutara Nikola Mirotic.[1] Tras acabar a súa etapa en Madrid convértese nun habitual da LEB Ouro, onde xoga no Tarragona, Peñas Huesca, Basket Navarra, Palma Air Europa e Breogán.

Clubs editar

Notas editar

  1. Ortiz, Javier (27 de abril de 2015). "Santana, aquel tremendo cadete". Endesa Basket Lover (en castelán). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar