Jordi Codina

futbolista español

Jordi Codina Rodríguez, nado en Barcelona o 27 de abril de 1982, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu actual club é o CF Fuenlabrada.

Codina
Información persoal
Nome Jordi Codina Rodríguez
Nacemento 27 de abril de 1982 (41 anos)
Lugar de nacemento Barcelona
Altura 1,89 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Fuenlabrada
Carreira xuvenil
CF Damm
2000-2002 Espanyol
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2007 Real Madrid Castilla 79 (0)
2007–2009 Real Madrid 1 (0)
2009–2015 Getafe 68 (0)
2015–2016 APOEL 0 (0)
2016Pafos (cedido) 16 (0)
2016–2017 Reus Deportiu 0 (0)
2017– Fuenlabrada 0 (0)
Selección nacional
2008– Cataluña 4 (0)
Na rede
UEFA: 66423 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de xuño de 2017.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Tras despuntar na canteira do RCD Espanyol, incorporouse ás categorías inferiores do Real Madrid no ano 2002, con 20 anos. Debutou en Segunda División na tempada 2005/2006, no partido que enfrontou ao Castilla co Sporting de Xixón no Molinón. Aquel encontro acabou 1-1. Naquela Liga disputou un total de 10 partidos, 9 deles como titular.

Na tempada 2006/2007, e tras a marcha do outro porteiro David Cobeño ao Sevilla FC, Jordi Codina fíxose coa titularidade do filial do Real Madrid, coa competencia de Antonio Adán, o outro porteiro do equipo.

Na tempada 2007/2008 formou parte do primeiro persoal do Real Madrid, de terceiro porteiro por detrás de Iker Casillas e Jerzy Dudek, debutando na competición na última xornada, na vitoria 5-2 ante o Levante no Bernabéu, realizando un bo partido, con espléndidas paradas.

Na tempada 2008/2009 xogou a segunda parte do Trofeo Santiago Bernabéu substituíndo ao seu compañeiro Dudek, Codina cumpriu co seu traballo demostrando que é porteiro para o Real Madrid. É por segundo ano o terceiro porteiro do Real Madrid tras rexeitar varias ofertas, entre elas unha do SL Benfica de Portugal. Nas súas tardes libres, cando estaba no Real Madrid, Jordi adestraba voluntariamente aos porteiros das categorías inferiores, algo polo que era moi respectado dentro da contorna do club.

O día 29 de xuño de 2009 abandona o club debido ás súas poucas aparicións, para unirse ás filas do Getafe onde estará durante as próximas 3 tempadas. Logo da súa fichaxe, Codina dixo que debía moito ao Real Madrid.

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Liga Española Real Madrid España 2008
Supercopa de España Real Madrid España 2008

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar