Jon Philip Theodore, nado o 30 de decembro de 1973 en Baltimore (Maryland), é un batería estadounidense. É coñecido por ser antigo membro de The Mars Volta e o actual batería de Queens of the Stone Age. Theodore é tamén membro de One Day as a Lion e do supergrupo de hard rock Giraffe Tongue Orchestra.

Modelo:BiografíaJon Theodore

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Baltimore, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónOberlin College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbatería Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoRock progresivo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBatería e Instrumento de percusión Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: eeb1d415-4dbc-4038-8b09-4faf8c3c24ba Discogs: 254223 Allmusic: mn0000214807 Editar o valor en Wikidata

Theodore foi membro tanto de Golden como de Royal Trux antes de unirse a The Mars Volta e 2001. Theodore estivo co grupo durante cinco anos, gravando os tres primeiros álbums de estudio, De-Loused in the Comatorium (2003), Frances the Mute (2005) e Amputechture (2006), antes de marchar a petición do guitarrista Omar Rodríguez-López.

Theodore posteriormente colaborou co vocalista de Rage Against the Machine Zack de la Rocha nun proxecto chamado One Day as a Lion, e tocou no álbum en solitario do líder de Incubus Brandon Boyd, The Wild Trapeze (2010). En 2012 Theodore substituíu o seu suceso e en The Mars Volta, Thomas Pridgen, no supergrupo Giraffe Tongue Orchestra.

En 2013 Theodore uniuse a Queens of the Stone Age, substituíndo a Joey Castillo, que deixou a banda citando desgaste polas continuas xiras. Theodore tocou no sexto álbum de estudio do grupo, ...Like Clockwork (2013), e uniuse a eles na correspondente xira de presentación.