Jon Buckland
Jonathan Mark Buckland, coñecido tamén como Jon ou Jonny, nado o 11 de setembro de 1977 en Londres, Inglaterra, é o guitarrista da banda Coldplay.
Jon Buckland | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Jonathan Mark Buckland |
Nacemento | 11 de setembro de 1977 (44 anos) |
Orixe | Londres ![]() |
Ocupación | guitarrista, cantante, pianista, compositor de cancións e músico |
Relacionado con | Coldplay |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
TraxectoriaEditar
Buckland naceu en Londres e viviu alí ata os catro anos de idade, cando a súa familia transladouse a Pantymwyn, Gales do Norte. Comezou a tocar a guitarra aos once anos, estimulado por The Stone Roses, Ride, George Harrison e My Bloody Valentine, e animado polo seu irmán maior Tim. Buckland asistíu á Alun School en Mold, Gales; despois iniciou os seus estudos de astronomía e matemáticas na University College London, onde coñeceu aos seus futuros compañeiros de banda.