Joik (tamén coñecido como yoik, luohti[1], vuolle[2], leu'dd[3] ou juoiggus[4] ) é un estilo de música tradicional vocal do pobo saami.

Características

editar

Orixinalmente, o termo joik facía referencia só a un tipo de canto saami, mais na actualidade emprégase para falar de tódolos tipos de canto tradicional saami. O joik está considerado como unha das tradicións musicais máis antigas de Europa[5] e o seu son recorda a certos cantos das culturas nativas americanas.

Historia

editar

Coa cristianización do pobo saami, o joik pasou a ser considerado como algo pecaminoso. As políticas de asimilación cultural en Noruega e a visión negativa por parte da igrexa contribuíron á súa desvalorización. Na década de 1950 estaba prohibido o canto joik nas escolas das áreas saamis. Pode que o motivo polo que o joik era controvertido era pola asociación que tiña cos rituais e a mitoloxía precristiáns, así como coa figura xamánica do noaidi.

Porén, o joik ficou fortemente enraizado na cultura e tradicións saamis, e conservouse até os nosos días. Na actualidade, continúa vivo na cultura saami e tamén se emprega como elemento da música contemporánea.

Cantantes de joik

editar
  1. en saami setentrional
  2. en saami meridional
  3. en saami oriental
  4. en saami setentrional
  5. "Tradisjonell klassisk joik - Joik tradicional saami - Arbevirolas Luohti". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2008. Consultado o 23 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar