John Frank Stossel, nado en Chicago Heights o 6 de marzo de 1947, é unha personalidade televisiva, escritor e comentarista político libertario estadounidense.

Infotaula de personaJohn Stossel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) John Frank Stossel Editar o valor em Wikidata
6 de marzo de 1947 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Chicago Heights, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Princeton
New Trier High School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalista Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpresentador de televisión , xornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1969 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorAmerican Broadcasting Company
Fox Broadcasting Company Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsThomas P. Stossel Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjohnstossel.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0832766 TV.com: people/john-stossel
Facebook: JohnStossel Twitter: JohnStossel Youtube: UCjo1uN-aM3rmBV46xj7l2KA Editar o valor em Wikidata

En outubro de 2009, Stossel deixou o seu traballo tras moitos anos en ABC News para unirse a Fox Business Channel e a Fox News Channel. É o presentador dun programa semanal de novas en Fox Business chamado Stossel, que foi emitido por primeira vez o 10 de decembro de 2009. Stossel tamén achega análises de xeito regular en varios programas de Fox News, entre eles The O'Reilly Factor. Tamén escribe un blog en Fox News, "John Stossel's Take". Stossel foi columnista de xornais sindicado a nivel federal dende febreiro de 2011.

O estilo de Stossel combina reportaxes con comentario. Este último reflicte unha filosofía libertaria e posicións sobre a economía que son en gran medida en apoio do libre mercado.[1] Comezou a súa carreira como xornalista como investigador de KGW-TV, foi reporteiro do consumidor en WCBS-TV na cidade de Nova York, e posteriormente uniuse a ABC News como editor de consumidores e reporteiro en Good Morning America. Stossel pasou logo a ser correspondente de ABC News, uníndose ao programa semanal de revista 20/20, do que chegou a converterse en copresentador.[2]

Como reporteiro, Stossel recibiu numerosos premios, entre eles dezanove premios Emmy, e foi honrado en cinco ocasións por excelencia na reportaxe sobre temas do consumidor polo National Press Club.[3] En 2011, John Stossel recibiu o título de doutor honoris causa na Universidade Francisco Marroquín.[4] Tamén escribiu dous libros que contan como as súas experiencias no xornalismo definiron as súas posicións socioeconómimcas, Give Me a Break en 2004 e Myths, Lies, and Downright Stupidity en 2007. Stossel tamén foi o voceiro da Fundación de Tartamudez dos Estados Unidos.[5]

Opinións editar

Libertarianismo editar

Como libertariano, Stossel di que cre tanto na liberdade persoal[6] e o mercado libre. Adoita empregar o seu tempo na televisión para expresar estes puntos de vista e desafiar a desconfianza do público sobre o capitalismo e a competencia económica.

Ciencia editar

En 2014, Stossel afirmou que "non hai bos datos que indiquen que o fume de segunda man mate xente".[7] Existe consenso científico sobre que o fume de segunda man é perigoso.[7]

No primeiro capítulo de Fox Business Channel, Stossel burlouse dos científicos por advertir sobre o cambio climático.[8] Stossel está en desacordo cos científicos sobre o quecemento global, rexeitando a idea de que terá consecuencias negativas, indicando que houbo períodos máis quentes na historia da humanidade.[9]

Vida persoal editar

Stossel vida en Nova York coa súa esposa, Ellen Abrams[10] e fillos, Lauren e Max.[11][12]

Stossel asumiu a súa herdanza familiar asquenací tras casar coa súa esposa, que tamén é xudía. Criaron os seus fillos como xudeus.Blaze>Hallowell, Billy (13 de decembro de 2012). "Did You Know John Stossel Is an Agnostic? Watch Him Challenge Fox’s Gretchen Carlson on Religion". The Blaze.</ref>[13] Stossel indentificouse como agnóstico en "Skeptic or Believer", episodio do 16 de decembro de 2010 de Stossel, explicando que nonn cría en Deus, pero que estaba aberto a posibilidade de que existise.[14]

O 20 de abril de 2016, Stossel, a pesar de que nunca fumou,[15] anunciou que tiña cancro de pulmón, e que como resultado do seu descubrimento temperán, un quinto dun dos seus pulmóns foille extraído cirurxicamente.[16]

Notas editar

  1. Johnson, Carlisle (15 de xaneiro de 2008). "Interview with John Stossel by Carlisle Johnson" Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine.. Universidade Francisco Marroquín (Guatemala)
  2. Stossel, John (27 de febreiro de 2007). "Excerpt: John Stossel's 'Give Me a Break'". ABC News. Consultado o 13 de abril de 2007. 
  3. Myths, Lies, and Downright Stupidity. Fraser Institute. Publicado o 3 de xullo de 2006. Consultado o 21 de xullo de 2009. Arquivado 11 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
  4. "Doctorado Honorífico a John Stossel" (en castelán). New Media UFM. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2011. Consultado o 29 de maio de 2011. 
  5. "Stuttering Didn’t Silence His Story: 20/20’s John Stossel Inspires Others". The Stuttering Foundation. 1 de maio de 2006
  6. "Conferencia sobre The Myths, Lies and Downright Stupidity Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine." na Universidade Francisco Marroquín. Guatemala, xaneiro de 2008
  7. 7,0 7,1 "Fox Business pundit: 'No good data' for deaths from secondhand smoke". @politifact (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2019-05-14. 
  8. "Uneasy At ABC, Stossel Finds Home At Fox Business". NPR.org (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2019. 
  9. Stossel, John (20 de abril de 2007). "The Global Warming Myth?". ABC News. Consultado o 24 de setembro de 2007. 
  10. Wiggins, James, V.I.P Address Book (2008), páx. 653
  11. "John Stossel: Biography". TV Guide. Consultado o 12 de agosto de 2012. 
  12. "John Stossel Biography". HarperCollins. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2008. Consultado o 24 de setembro de 2007. 
  13. Gonczi, Esther (4 de marzo de 2001). "King David Society Praises Generosity" Arquivado 13 de decembro de 2013 en Wayback Machine.. Sun-Sentinel.
  14. "Skeptic or Believer". Stossel. 16 de decembro de 2010. 14 No minuto. Fox Business Network. 
  15. Joyella, Mark (13 de maio de 2016). "John Stossel Credits His 'Overanxious Wife' for Early Discovery of Cancer". TVNewser. Consultado o 23 de xullo de 2016. 
  16. Stossel, John (20 de abril de 2016). "Stossel: I have lung cancer. My medical care is excellent but the customer service stinks". Fox News. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar