John Reed
John Reed, nado o 22 de outubro de 1887 en Portland, Oregón,[1] e finado en Moscova o 19 de outubro de 1920, foi un xornalista e escritor estadounidense e activista e político comunista.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1887 ![]() Portland, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 17 de outubro de 1920 ![]() Moscova, Rusia ![]() |
Causa da morte | scrub typhus (en) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Necrópole da muralla do Kremlin ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Relixión | Ateísmo ![]() |
Educación | Universidade Harvard Morristown-Beard School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalista ![]() |
Ocupación | xornalista , guionista , escritor , poeta , sindicalista ![]() |
Partido político | Communist Labor Party of America (en) ![]() Partido Socialista da América (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Louise Bryant |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f4/JOhnReedFuneral1920Moscow-l.jpg/220px-JOhnReedFuneral1920Moscow-l.jpg)
Traxectoria
editarProcedente dunha familia acomodada de Oregón, fíxose xornalista por influencia do seu pai, un rico industrial con conciencia social, quen o animou a denunciar as miserias do mundo. Cubriu como correspondente de guerra as frontes de Francia, Italia, Alemaña, Turquía e Rusia na primeira guerra mundial. O réxime tsarista encarcelouno en 1916 polos seus artigos, nos que puña en evidencia a corrupción do exército ruso. É famoso pola súa obra Ten Days that Shook the World (en galego, Dez días que estremeceron o mundo), onde conta de primeira man os acontecementos que conduciron á revolución bolxevique.
De volta aos Estados Unidos en agosto de 1919 fundou o Partido Comunista dos Estados Unidos, mais tivo que fuxir da represión norteamericana, marchando de novo a URSS, onde falecería de tifo ao ano seguinte.
Notas
editar- ↑ Peiró, Claudia (25-10-2017). "Quién fue John Reed, el gran testigo de la Revolución Rusa". infobae.com (en castelán). Consultado o 25-4-2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Reed |
Bibliografía
editar- Reed, J. (2009) Diez días que estremecieron el mundo, Biblioteca Pensamiento Crítico, Público.
Ligazóns externas
editar- Vidas Contadas en RNE (en castelán).