John Milius

director, guionista e produtor estadounidense

John Frederick Milius, nado o 11 de abril de 1944, é un guionista, produtor e director estadounidense. Foi un dos guionistas dos dous primeiros filmes da saga Harry o sucio. Recibiu un nomeamento ós Oscar como guionista de Apocalypse Now, e escribiu e dirixiu O vento e o león, Conan o bárbaro e Amencer vermello.

John Milius
Nacemento11 de abril de 1944
Lugar de nacementoSt. Louis
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade do Sur de California, USC School of Cinematic Arts e Steamboat Mountain School
Ocupacióndirector de cinema, guionista, produtor de cinema e actor de cinema
FillosAmanda Milius
Na rede
IMDB: nm0587518 Allocine: 19651 Rottentomatoes: celebrity/john_milius Allmovie: p102818 TCM: 131622 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Na década de 1960 intentou alistarse no exército pero foi rexeitado por problemas de saúde. Comezou a súa carreira no mundo do cinema a partir dun concurso de filmes de estudantes en 1967, no cal gañou o primeiro premio co filme I'm So Bored. Comezou a traballar noutros filmes de pequenos orzamentos e finalmente en producións meirandes. Malia ter comezado como guionista, decidiu traballar como director ó quedar satisfeito coas modificacións feitas ós seus guións para The Life and Times of Judge Roy Bean e As aventuras de Jeremiah Johnson (1972).[1] Fascinado pola guerra de Vietnam, escribiu con Francis Ford Coppola o guión de Apocalypse Now en 1979, polo cal foi nomeado ó Oscar ó mellor guión adaptado.[2] O seu filme máis coñecido como director, Conan o bárbaro (1982), é considerado unha ilustración nietzschiana das ideas persoais do seu autor. Traballou tamén como conselleiro de guións en diversos filme, como Tiburón e The Hunt for Red October.

En 2005, creou con William J. MacDonald, para a canle inglesa BBC e para a estadounidense HBO, a serie de televisión Rome. En 2009, participou no guión do videoxogo Homefront de Kaos Studio.[3] En 2010, participou como guionista e director no desenvolvemento do proxecto da serie de televisión Pharaoh, semellante a Rome, pero esta volta ambientada no Antigo Exipto.[4]

NotasEditar

  1. Ken Plume. IGN, ed. "An Interview with John Milius p8". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2010. Consultado o 21 de abril de 2012.  (en inglés)
  2. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Oscar History 1980". Consultado o 21 de abril de 2012. 
  3. Jake Gaskill. G4tv, ed. "'Apocalypse Now' And 'Red Dawn' Scribe John Milius Writing THQ's 'Homefront'". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 21 de abril de 2012.  (en inglés)
  4. Keslassy, John Hopewell,Elsa; Hopewell, John; Keslassy, Elsa (2010-04-09). "Milius moves back in time with ‘Pharaoh’". Variety (en inglés). Consultado o 2022-04-14. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar