Abrir o menú principal

O almirante da frota John Rushworth Jellicoe, nado o 5 de decembro de 1859 e finado 20 de novembro de 1935, foi un oficial británico da Royal Navy. Loitou na Guerra anglo-exipcia de 1882 e no Levantamento dos bóxers e comandou a Grand Fleet na batalla de Xutlandia en maio de 1916, durante a Primeira Guerra Mundial. O seu mando sobre a frota nesa batalla foi controvertido: non cometeu erros graves e a Hochseeflotte alemá retirouse a porto (nun momento no que unha derrota tería sido catastrófica para o Reino Unido), pero no momento foi decepcionante para o público británico que agardaba unha vitoria á mesma escala que a batalla de Trafalgar. Jellicoe posteriormente serviu como Primeiro Lord do Mar pero foi retirado a finais de 1917 como resultado da súa pesimista visión, declarando que non podía facerse nada para derrotar aos U-boats. Tamén serviu como Gobernador Xeneral de Nova Zelandia a principios dos anos 20.

John Jellicoe
John Jellicoe - Project Gutenberg eText 16363.jpg
Nacemento5 de decembro de 1859
 Southampton
Falecemento20 de novembro de 1935
 Kensington
SoterradoCatedral de San Paulo de Londres
NacionalidadeReino Unido
Ocupaciónpolítico e militar
PaiJohn Henry Jellicoe
NaiLucy Henrietta Keele
FillosGeorge Jellicoe, 2nd Earl Jellicoe, Lady Gwendoline Lucy Constance Rushworth Jellicoe, Agnes Betty Gardiner Jellicoe, Lady Myrtle Grace Brocas Jellicoe, Lady Norah Beryl Cayzer Jellicoe e Lady Prudence Katharine Patton Jellicoe
PremiosCabaleiro gran cruz da Orde do Baño, Gran Cruz de Cabaleiro da Real Orde Victoriana e Order of St. George, 3rd class
editar datos en Wikidata ]