John Hughes

director, produtor e guionista cinematográfico estadounidense

John Wilden Hughes, Jr.,[1] nado en Lansing (Míchigan) o 18 de febreiro de 1950 e finado en Nova York o 6 de agosto de 2009, foi un director, produtor e guionista cinematográfico estadounidense. Dirixiu, escribiu e produciu varios dos filmes de máis éxito das décadas de 1980 e 1990.

Infotaula de personaJohn Hughes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1950 Editar o valor em Wikidata
Lansing, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte6 de agosto de 2009 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaLake Forest Cemetery (en) Traducir
Illinois Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLake Forest (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Arizona (pt) Traducir
Universidade do Estado do Arizona (pt) Traducir
Glenbrook North High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista , director de cinema , produtor de cinema , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor em Wikidata - 2009 Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0000455 Allocine: 3842 Rottentomatoes: celebrity/john_hughes Allmovie: p95115
Musicbrainz: f09ac1ff-6288-4d3e-9743-5529d30d1b67 Find a Grave: 40348198 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Hughes naceu en Lansing, Míchigan, dunha nai que se dedicaba á caridade como voluntaria e de John Hughes, Sr., que traballaba en vendas.[2] Pasou os primeiros anos da súa vida en Grosse Pointe, Míchigan.[3] Hughes describiuse a si mesmo como un neno «bastante tranquilo».[4]

En 1963, a familia de Hughes mudouse a Northbrook, Illinois, suburbio de Chicago. Alí, o seu pai atopou traballo vendendo materiais para tellados.[5] Hughes estudou en Grove Middle School, e posteriormente en Glenbrook North High School, que lle serviu de inspiración para os filmes que lle deron son.[6] Coñeceu a Nancy Ludwig, animadora e a súa futura esposa, no instituto.[7] De adolescente, Hughes tiña o cinema como medio de escape.

Hughes traballou en Virginia Slims, o que facía que viaxase frecuentemente á sede de Philip Morris. Iso permitíalle visitar as oficinas da revista National Lampoon.[5] Pouco despois, converteuse en colaborador habitual.

O seu primeiro guión acreditado, National Lampoon's Class Reunion, escribiuno mentres aínda traballaba na revista. O filme foi o segundo intento desastroso de duplicar o éxito de National Lampoon's Animal House. Porén, o seguinte guión de Hughes, National Lampoon's Vacation, foi un grande éxito en 1983. Iso, xunto con outro guión de éxito do mesmo ano, Mr. Mom, valeulle para lograr un contrato de tres filmes con Universal Pictures.[8] O seu debut no cinema, Sixteen Candles, foi un éxito de crítica en 1984.

Hughes foi coñecido como o "rei dos filmes de adolescentes", así como por axudar a lanzar as carreiras de actores como Michael Keaton, Molly Ringwald, Anthony Michael Hall, Bill Paxton, Matthew Broderick, Macaulay Culkin e John Candy. Moitos deles formaron parte do chamado Brat Pack.

O 5 de agosto de 2009, Hughes e a súa esposa viaxaron a Nova York para visitar o seu fillo James e o seu novo neto. James dixo que o seu pai aparentaba ter boa saúde esa noite e que a familia fixera plans para o día seguinte. Na mañá do día 6, Hughes estaba a pasear preto do seu hotel en West 55th Street en Manhattan cando sufriu un ataque cardíaco.[5] Foi levado ao Roosevelt Hospital, onde se certificou a súa morte aos 59 anos.[9] O funeral de Hughes tivo lugar o 11 de agosto en Chicago; foi enterrado en Lake Forest Cemetery.[10]

Filmografía editar

Ano Título Director Produtor
(Executivo)
Guionista Outros Notas
1982 National Lampoon's Class Reunion Si Si Si Actor: 'Rapaza' cunha bolsa de papel na cabeza (sen acreditar)
1983 Mr. Mom Si
National Lampoon's Vacation Si Si Tamén letrista por "Walley World National Anthem"
Nate and Hayes Si
1984 Sixteen Candles Si Si
1985 The Breakfast Club Si Si Si Si Actor: Pai de Brian (sen acreditar)
European Vacation Si
Weird Science Si Si
1986 Pretty in Pink Si Si
Ferris Bueller's Day Off Si Si Si Si Actor: Home correndo entre taxis (sen acreditar)
1987 Some Kind of Wonderful Si Si
Planes, Trains and Automobiles Si Si Si Si Tamén letrista por "I Can Take Anything"
1988 She's Having a Baby Si Si Si
The Great Outdoors Si Si
1989 Uncle Buck Si Si Si
Christmas Vacation Si Si
1990 Home Alone Si Si
1991 Career Opportunities Si Si
Only the Lonely Si
Dutch Si
A pequena pillabana Si Si Si
1992 Beethoven Si
Home Alone 2: Lost in New York Si Si
1993 Dennis the Menace Si Si
Beethoven's 2nd Si Baseado en personaxes creados por Edmond Dantés
1994 Baby's Day Out Si Si
Miracle on 34th Street Si Si
1995 Mallrats Si Agradecemento
1996 101 Dalmatians Si Si
1997 Flubber Si Si
Home Alone 3 Si Si
1998 Reach the Rock Si Si
2000 Beethoven's 3rd Si Baseado en personaxes creados por Edmond Dantés
2001 Just Visiting Si
New Port South Si
2002 Maid in Manhattan Si
Home Alone 4: Taking Back the House Si Based on characters created by Hughes
2008 Drillbit Taylor Si

Notas editar

  1. Goodman, Dean (6 de agosto de 2009). ""Brat Pack" Director John Hughes Dies of Heart Attack". Reuters. Consultado o 15 de outubro de 2010. 
  2. Datos sobre John Hughes Consultado o 20 de maio de 2014
  3. Vanity Fair John Hughes Consultado o 20 de maio de 2014
  4. John Hughes Consultado o 20 de maio de 2014
  5. 5,0 5,1 5,2 Kamp, David (marzo de 2010). "Sweet Bard of Youth". Vanity Fair (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2010. 
  6. Michael Joseph Gross (9 de maio de 2004). "When the Losers Ruled in Teenage Movies". The New York Times. p. 4. Consultado o 21 de xullo de 2010. 
  7. "A Diamond and a Kiss: The Women of John Hughes | Hazlitt". Hazlitt. 2016-07-05. Consultado o 2018-06-17. 
  8. Brady, Celia (agosto de 1990). "Big Baby". Spy: 66–77. Consultado o 3 de setembro de 2012. 
  9. "Tracking down the place where we lost John Hughes". movieline.com. 13 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2009. 
  10. Kori Rumore (7 de setembro de 2017). "Buried in Chicago: Where the famous rest in peace". Chicago Tribune. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar