Xoán Caboto

explorador e navegante italiano (c. 1450 - c. 1499)
(Redirección desde «John Cabot»)

Giovanni Caboto ou, ás veces, Xoán Caboto, nado contra o 1450 e finado en 1499, foi un comerciante, navegante e explorador Italiano considerado como un dos primeiros europeos da época moderna en chegar en 1497 á parte continental de Norteamérica.

Infotaula de personaXoán Caboto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoGiovanni Caboto
c. 1450 Editar o valor em Wikidata
Gaeta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortec. 1498 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Oceano Atlântico Norte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública de Venecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxestor administrativo , mariño , comerciante de escravos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 de xuño de 1497John Cabot's Second Voyage (1497) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosSebastião Caboto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiGiulio Caboto (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1495616 Find a Grave: 6623042 Editar o valor em Wikidata
Estatua de Xoán Caboto en Bristol.

Traxectoria editar

Xoán Caboto naceu sobre o ano 1450 en Xénova, Italia, segundo din os documentos que falan da súa familia. Sobre o ano 1461 Caboto vivía en Venecia onde pasou a súa infancia e xuventude. No ano 1482, aproximadamente, casou coa tamén veneciana Mattea, coa que tivo tres fillos: Ludovico, Sebastián e Sancio.

Igual que o seu pai, dedicouse ó comercio. Comerciaba cos portos do Mediterráneo do leste, ata converterse nun experto mariñeiro. Comerciaba principalmente con valiosas mercadorías asiáticas como especies, seda, pedras preciosas e metais que chegaban a Europa por vía terrestre ou a través do Mar Vermello.

En España editar

Sobre o ano 1490, Caboto e a súa familia mudáronse a Valencia. É probable que fose nesta cidade onde se propuxo seguir os pasos de Cristovo Colón e comezou a formar parte das exploracións ao océano Atlántico. Os países líderes destas exploracións eran por aquel entón Portugal e España e os monarcas de ámbolos dous países desexaban atopar novas rutas para conseguir as riquezas de Asia. Estas rutas tiñan que evitar penetrar polo Mediterráneo, onde as cidades italianas exercían un amplo monopolio. Mais entre estas pretensións había outra tamén de menos peso, pero importante naquelas datas, e era a da expansión do cristianismo para deter o avance musulmán.

Porén, nin España nin Portugal se interesaron por Xoán Caboto. Por un lado, os portugueses xa atoparan a ruta cara a Asia a través do sur de África, pasando polo Cabo de Boa Esperanza, e os españois tamén tiñan a súa ruta que Colón viñera de descubrir en 1492.

En Inglaterra editar

O resultado deste cúmulo de situacións foi a mudanza de intencións de Caboto, quen se dirixiu a Inglaterra na procura de oportunidades, xa que neste reino aínda non se iniciaran as exploracións a tanta escala como nos países peninsulares. Así pois, en 1494 Caboto instalouse en Bristol coa súa familia e iniciou relacións con mercadores do porto e mesmo co rei Henrique VII. A súa idea asemellábase á de Colón e pretendía chegar á Asia dirixíndose cara ao oeste atravesando o Atlántico norte, xa que consideraba que esa ruta era máis rápida que a recentemente descuberta por Colón.

En Inglaterra, Caboto conseguiu finalmente as axudas que lle foran denegadas en España e Portugal e os comerciantes de Bristol acordaron financiarlle a expedición. Non foi de estrañar, xa que os comerciantes deste porto eran coñecidos polas súas viaxes anteriores a Caboto, ao redor de 1480, das que se di que nalgunha delas puideron alcanzar as costas de Terra Nova e Labrador nas súas ansias de busca de comercio.

 
Matthew de Xoán Caboto.

Viaxes editar

Henrique VII concedeulle a Caboto e ós seus tres fillos o dereito a buscar illas e países pagáns con cinco barcos que levarían a bandeira inglesa, baixo a que se sometían. A expedición partiu dende Bristol no ano 1497 e estaba encabezada por Matthew, e a bordo do mesmo chegaron a Newfoundland, Canadá, crendo que chegaran ás costas asiáticas de Cipango. Caboto regresou a Inglaterra ó pouco tempo e un ano despois organizou outra viaxe na que se di que chegou ata Groenlandia polo norte e á baía de Chesapeake polo sur. A partir de 1499 non se tiveron máis noticias del.

Estes descubrimentos pode que non fosen de grande importancia económica, mais co tempo convertéronse na base para as reivindicacións inglesas sobre Norteamérica.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar