Johannes Kabatek
Johannes Kabatek, nado en Stuttgart o 31 de marzo de 1965, é un profesor alemán de lingüística románica, catedrático na Universidade de Zürich. É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2002[1]. Dirixe o Arquivo Eugenio Coșeriu[2] e é redactor xefe da revista Energeia[3] e da Revista Internacional de Lingüística Iberoamericana (RILI)[4].
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1965 (59 anos) Stuttgart, Alemaña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña |
Educación | Universidade de Tubinga |
Actividade | |
Ocupación | lingüista , romanista |
Empregador | Universidade de Zürich |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá, lingua inglesa, lingua castelá e lingua catalá |
Familia | |
Pai | Adolf Kabatek (en) |
Páxina web | unizh.academia.edu… |
Traxectoria
editarEstudou Filoloxía Románica, Ciencias Políticas e Musicoloxía na Universidade Eberhard Karls de Tubinga, onde foi discípulo de Eugen Coșeriu e de Brigitte Schlieben-Lange. Foi Profesor convidado das universidades da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Granada, Sevilla, São Paulo, Universidade Católica de Valparaíso e Universidade George-Washington de Saint Louis.
Doutorouse en 1995 na Universidade de Tubinga coa tese Die Sprecher als Linguisten. Interferenz- und Sprachwandelphänomene dargestellt am Galicischen der Gegenwart.
Obra
editar- Os falantes como lingüistas. Tradición, innovación e interferencias no galego actual, Vigo: Xerais, 2000.
Notas
editar- ↑ "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "Coseriu.de". www.coseriu.de. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "Online-Zeitschrift für Sprachwissenschaft und Sprachphilosophie - Willkommen". www.romling.uni-tuebingen.de. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2015. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 17 de novembro de 2015.