Johanna Spyri

Escritora suiza autora do relato infantil Heidi

Johanna Louise Spyri, de solteira Heusser, nada en Hirzel o 12 de xuño de 1827 e finada en Zürich o 7 de xullo de 1901, foi unha escritora suíza de novelas, particularmente de relatos para nenos, coñecida polo seu libro Heidi.

Infotaula de personaJohanna Spyri

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1827 Editar o valor em Wikidata
Hirzel, Suíza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xullo de 1901 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Zürich, Suíza Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaFriedhof Sihlfeld (pt) Traducir, 81210 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , novelista , escritora de literatura infantil Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJohann Bernhard Spyri (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJohann Jakob Heusser (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Meta Heusser-Schweizer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesÉmilie Kempin-Spyri (pt) Traducir (sobriña) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0819983 Allocine: 82416 Allmovie: p314978
Bitraga: 1611 Last fm: Johanna+Spyri Musicbrainz: 9c5c02da-1c67-4f70-9044-0517d0e14427 Discogs: 678011 WikiTree: Heusser-21 Find a Grave: 7745494 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Johanna Spyri naceu en 1827 na aldea de Hirzel, a uns 11 quilómetros de Zürich. Foi a cuarta filla do matrimonio formado polo doutor Johann Heusser e a poeta Meta Sebweizer. A súa casa branca, que aínda se conserva, está situada nas aforas da aldea, xusto cando o terreo comeza a ascender a montaña verde. Dende a xanela do piso superior obtense unha vista dos piñeiros e do lago de Zürich. Spyri foi unha nena sensible, con enorme amor pola música, as aves e as flores dos campos alpinos e dos bosques próximos ao seu fogar.

Aos catorce anos, Spyri foi vivir a Zürich á casa dunha tía, e alí asistiu durante dous períodos lectivos a clases de linguas estranxeiras, ao mesmo tempo que tomou leccións de piano. Pasou despois un ano nun internado da cidade suíza de Yverdon.

A súa afección musical foi sempre evidente. Gustáballe moito o piano, ata que oíu o son da arpa. Un día, cando ela e a súa amiga Netti Fries camiñaban polas rúas da cidade, viron unha arpa no escaparate dunha tenda musical. Decidiron comprala mais non tiñan cartos abondos. Sacrificaron os seus aforros, xuntaron o diñeiro e mercárona.

Durante sete anos, entre 1845 e 1852, Spyri converteuse en mestra dos seus irmáns máis novos, mentres aproveitaba o tempo libre para facer lecturas que foron enriquecendo o seu capital intelectual e espiritual. Nas épocas de vacacións, a súa afinidade coa natureza levábaa cara á rexión de Chur, que logo foi a principal escenografía da acción de Heidi.

En 1852, coñeceu a Bernard Spyri, estudante de dereito, amigo do seu irmán Theodor, que estudaba medicina, e que desenvolvía tamén as tarefas de editor do diario Confederated Newspaper. Bernard e Johanna namoráronse e casaron, tralo que se radicaron definitivamente en Zürich.

Para ocupar o tempo de lecer en non sentirse soa, sobre todo porque sentía morriña dos seus lugares, comezou a participar xunto con dúas amigas nun grupo artístico e literario. Con todo, o seu espírito foi decaendo ata sumirse nunha fonda depresión e nun sentimento de soidade que a fixeron sentirse enferma. Esta vivencia foi trasladada logo á historia de Heidi, cando a nena ten que deixar Suíza para vivir en Frankfurt. Superou a doenza cando naceu o seu fillo, Bernhard, en 1855.

A partir de 1868, o señor Spyri foi nomeado contador da cidade. Debido ás novas obrigas e a ter que frecuentar outros círculos sociais, o matrimonio mudouse a unha casa do centro de Zürich, próxima ao lago. O seu fillo avanzaba nos seus estudos musicais ata chegar a ser un bo violinista, e executaba dúos coa súa nai ao piano. Durante esta época, Johanna comezou a escribir con intensidade co obxecto de recadar fondos para a Cruz Vermella, e o seu primeiro libro viu a luz en 1871, asinado coas iniciais J. S. En 1870, cando tiña 43 anos e Europa soportaba a guerra franco-prusiana, coa intención de facerlle pasar momentos gratos ao seu fillo, comezou a plasmar as súas lembranzas infantís na vida da nena orfa que vai vivir ás montañas co seu avó. Nacera Heidi, que se publicou dez anos máis tarde, xa co nome da autora.

Entre 1872 e 1873 continuou a producir obras narrativas, ligadas por un tema común: as felices vivencias do pasado, da infancia e da adolescencia, ensambladas no proceso do cambio interior que o presente ocasionaba. A partir de 1879 comezou o período máis produtivo na narrativa de Johanna e escribiu vinte libros en cinco anos, período que correspondeu á publicación de Heidi.

O ano 1884 marcou a vida de Spyri, xa que faleceron o seu fillo tras unha longa enfermidade e despois o seu home, de modo que quedou soa. Decidiu mudarse de casa a unha vivenda máis céntrica e unha sobriña foi vivir con ela para facerlle compaña. A partir de entón dedicouse a realizar moitas obras de caridade e a escribir para deleitar a súa sobriña como fixera co seu fillo tres lustros antes. Viúva con cincuenta e sete anos, viviu sereamente en Zürich, escribindo moitos contos sobre nenos que viven nas montañas, cos seus costumes e con xoguetes que eles mesmos fabrican e co seu diálogo continuo cos animais e as paisaxes da contorna. Así, nos últimos anos da súa vida, entre 1886 e 1901, escribiu corenta e oito contos. Durante os primeiros meses do século XX tomou unha vacacións debido ao seu grande esgotamento. trasladándose a distintos puntos dos Alpes suízos, chegando tamén ao norte de Italia e ao lago de Xenebra.

Cando os seus relatos comezaron a adquirir fama no mundo exterior, Johanna fíxose moi coñecida e o requirimento dos críticos, editores e xente de letras era permanente, polo que a autora evitou cada vez máis o contacto co público. Faleceu en Zürich o 7 de xullo de 1901.

Legado editar

Suíza sente verdadeiro orgullo por Johanna Spyri e a súa obra, e homenaxeouna en múltiples ocasións en selos postais e moeda. Heidi resultou máis famosa que a súa creadora, xa que é unha das personaxes máis coñecidas da literatura suíza en xeral e da literatura infantil en particular. Non só é unha figura literaria, unha personaxe de ficción, senón tamén a encarnación alegórica da sociedade suíza, pois representa a natureza intacta dos Alpes cos seus pastos, montañas e paisaxes idílicas.

Acusación de plaxio editar

En abril de 2010, un profesor que buscaba ilustracións para nenos atopou un libro escrito en 1830 por un profesor de historia alemán, Hermann Adam von Kamp, que Spyri puido ser que empregase como base para Heidi. O relato de 1830 titúlase Adelheide - das Mädchen vom Alpengebirge ("Adelaide, a nena dos Alps"). Díxose que as dúas historias compartían moitas semellanzas no argumento e nas imaxes. A biógrafa de Spyri, Regine Schindler, dixo que era posible que coñecese a historia, xa que se criou nunha casa con moitos libros.[1] Non obstante, as acusacións do von Kamp foron examinadas e logo descritas como "non científicas", debido a coincidencias superficiais que achega nas descricións e moitas diferenzas reais na historia, que non ten en conta, igual que a morriña, que xa era un lugar común na ficción do século XVIII e as personaxes que son drasticamente diferentes ou non en "Adelaide".[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Marie Frey-Uhler: Johanna Spyri 1827–1901, Biographie ab 12 J. SJW-Heft
  • Jean Villain: Der erschriebene Himmel, 1997
  • Regine Schindler: Johanna Spyri: Spurensuche. Pendo Verlag, Zürich 1997
  • Regine Schindler: Johanna Spyri (1827–1901). Neue Entdeckungen und unbekannte Briefe. Verlag Neue Zürcher Zeitung, Zürich 2015, ISBN 978-3-03823-361-9.

Ligazóns externas editar