Abrir o menú principal

Johann Balthasar Neumann, nado en Cheb en 1687 e finado en Würzburg o 19 de agosto de 1753, foi un arquitecto e enxeñeiro alemán.

Johann Balthasar Neumann
Balthasar Neumann 50 DM.jpg
Nacemento27 de xaneiro de 1687
 Cheb
Falecemento19 de agosto de 1753
 Würzburg
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónarquitecto e enxeñeiro
Coñecido/a porSchloss Veitshöchheim, Käppele e Basilica of the Transfiguration of Our Lord, Prüm
editar datos en Wikidata ]
Santuario de Vierzehnheiligen

Índice

TraxectoriaEditar

Naceu en Eger (hoxe Cheb), en Bohemia, mais deseguido se trasladou para Würzburg, en Franconia, onde estudou arquitectura civil e militar, e mesmo emprendeu unha viaxe de estudos a Milán e a Italia do Norte en 1718.

En 1719, convertida Würzburg na capital dun principado episcopal, xurdiu a necesidade dunha ampla obra de renovación urbanística, da cal Neumann foi nomeado superintendente das construcións da corte (nas cales estaban empregados un elevado número de grandes artistas de varias nacionalidades, como Giambattista Tiepolo e Johann Lucas von Hildebrandt).

A respecto da sistematización urbanística da cidade, paga a pena lembrar o encargo que recibiu de proxectar a Residencia episcopal (1719-1744), obra que o empeñou moi longo tempo, mais que lle deu ao tempo grande popularidade.

Foi despois chamado para Karlsruhe, onde reestruturou o castelo de Bruchsal (1728): Logo pasou a Bonn (1743), onde o arcebispo da Colonia lle confiou o proxecto da escalinata do castelo de Brühl. Salientábeis foron tamén os seus proxectos para a igrexa abacial de Neresheim e máis do santuario de Vierzehnheligen.

No seu estilo arquitectónico logrou unha orixinal síntese de clasicismo francés, da tradición vienesa e bohemia e máis do barroco italiano.

ObrasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar