Residencia de Würzburg

A Residencia de Würzburg (en alemán: Würzburger Residenz) é un pazo barroco que se atopa na cidade alemá de Würzburg, no estado de Baviera.

Residencia de Würzburg
Vista da fachada que dá ao xardín.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísAlemaña Alemaña
LocalizaciónCoordenadas: 49°47′34″N 9°56′20″L / 49.79279761747, 9.9388890432453
TipoCultural
Criterios(i), (iv)
Inscrición1981 (sesión V)
Rexión da UNESCOEuropa
Identificador169

Historia editar

Foi orixinalmente deseñada polo arquitecto Johann Balthasar Neumann para o príncipe-bispo Johann Philipp Franz von Schönborn. A súa construción durou sesenta anos. Entre 1720 e 1744 completouse a estrutura exterior, mentres que o interior foi rematado en 1780.[1]

Segunda guerra mundial editar

O 16 de marzo de 1945, só unhas semanas antes do final da segunda guerra mundial, un ataque aéreo destruíu o 90% da casco antigo de Würzburg e queimou a Residencia case totalmente. O lume avanzou dende a cuberta superior e foi queimando os teitos de madeira e as paredes. Tamén tería queimado os mobles e os paneis das paredes de non ser porque foron almacenados noutro lugar antes.

Reconstrución editar

As tarefas de restauración da Residencia comezaron tralo final de guerra[2] e non cesaron até o ano 1987, cando se completou e se abriu de novo o "Gabinete do espello". A súa reconstrución custou arredor de 20 millóns de euros.[3]

Patrimonio da Humanidade editar

No ano 1981, a Residencia Würzburg e os seus patios e xardíns foron declarados como "Patrimonio da Humanidade" pola UNESCO e gozan dunha protección especial.

 
Fachada do xardín da Residencia.
 
Vista frontal da Residencia.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Würzburg Residenz - Building history". Consultado o 17 de xaneiro de 2016. 
  2. "Kriegszerstörung und Wiederaufbau". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2016. 
  3. "Würzburg Residenz - War damage and reconstruction". Consultado o 17 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar