Jock Landale

baloncestista australiano

Jock Landale, nado o 25 de outubro de 1995 en Melbourne, Victoria, é un xogador de baloncesto profesional australiano que xoga nos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA).

Jock Landale
Houston Rockets – No. 2
Posición Pivote
Información persoal
Nacemento 25 de outubro de 1995 (28 anos)
Australia Melbourne, Victoria
Nacionalidade Australia Australia
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 116 kg (255 lb)
Información da carreira
Instituto Geelong Grammar School
(Corio, Victoria)
Universidade Saint Mary's (2014–2018)
NBA Draft 2018 / Elección: Sen draftear
Carreira desde 2018
Historial de equipos
Partizan (2018–2019)
Žalgiris (2019–2020)
Melbourne United (2020–2021)
San Antonio Spurs (2021–2022)
Austin Spurs (2021)
Phoenix Suns (2022–2023)
Houston Rockets (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

Tras non ser escollido no Draft da NBA de [[2018], Landale asinou cos Atlanta Hawks para xogar a Liga de Verán da NBA.[1] O 31 de xullo de 2018, asinou un contrato de dous anos co KK Partizan serbio.[2] O 20 de maio de 2019, Landale asinou un contrato dun ano, con opción a outro máis, co BC Žalgiris Kaunas lituano.[3]

O 20 de agosto de 2021, Landale asinou cos San Antonio Spurs.[4]

O 30 de xuño de 2022, foi traspasado xunto a Dejounte Murray ós Atlanta Hawks, a cambio de Danilo Gallinari e varias eleccións da primeira rolda do Draft.[5] Poucos días máis tarde, foi traspasado de novo, desta vez ós Phoenix Suns.[6]

Notas editar

  1. Mitchell, Peter (22 de xuño de 2018). "Aussie Jock Landale to play for Atlanta Hawks". ESPN. Consultado o 22 de xuño de 2018. 
  2. "Partizan Belgrade signs rookie Jock Landale to a two-year deal". Sportando. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2018. Consultado o 8 de agosto de 2018. 
  3. ""Žalgiris" turi pirmąjį naujoką – Belgrade atsiskleidusį aukštaūgį". DELFI (en lituano). Consultado o 20 de maio de 2019. 
  4. "SPURS SIGN JOCK LANDALE". NBA.com (en inglés). 20 de agosto de 2021. Consultado o 21 de agosto de 2021. 
  5. "Atlanta Completes Trade with San Antonio Spurs; Acquires Dejounte Murray and Jock Landale in Exchange for Danilo Gallinari and Future First Round Draft Picks". NBA. Consultado o 30 de xuño de 2022. 
  6. "SUNS ACQUIRE JOCK LANDALE". NBA.com. 6 de xullo de 2022. Consultado o 6 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar