Joaquín Pais Llorens

mestre e político galego

Joaquín Pais Llorens, nado no Freixo de Sabardes (Outes) o 16 de novembro de 1899[1] e finado en Marín o 30 de decembro de 1960, foi un mestre e político galego.

Modelo:BiografíaJoaquín Pais Llorens
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1899 Editar o valor en Wikidata
O Freixo de Sabardes, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de decembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Marín, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Redondela
1933 – 1933
← Serafín Alonso VeigaSerafín Dacosta Pazo → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 18118

Traxectoria

editar

Obtivo o título de Bacharelato no Instituto de Pontevedra en 1917.[2] Fíxose mestre. Exerceu na Pobra do Caramiñal e en outubro de 1918 trasladouse a Redondela. Aprobou as oposicións en 1920, non lle adxudicaron praza por non ter a idade regulamentaria e finalmente en decembro dese ano foi destinado á Escola Graduada de Redondela. En maio de 1921 foi elixido secretario da Asociación de Mestres de Redondela.

De setembro de 1921 a outubro de 1922 fixo o servizo militar e participou na Campaña de África da guerra do Rif. Foi director da escola graduada e tamén daba clases de Bacharelato na súa casa, sendo logo habilitado. En agosto de 1924 foi elixido vogal da Unión Patriótica. Na Segunda República foi elixido presidente da Comisión Xestora Municipal de Redondela en marzo de 1933, cesando no cargo logo das eleccións de abril dese ano.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo e sufriu un expediente de depuración que tivo como resultado a súa destitución como mestre. Estivo preso por razóns políticas, pasou 18 meses nos cárceres de Celanova e Pontevedra. Posteriormente subsistiu dando clases particulares. Nos anos cincuenta montou un negocio de material eléctrico en Marín.

Predecesor:
Serafín Alonso Veiga
  
Alcalde de Redondela
 
1933
Sucesor:
Serafín Dacosta Pazo

Vida persoal

editar

Casou con Herminda Amaro Conde e foi pai de María del Carmen Jesusa, José María e Joaquina Pais Amaro.

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 124. 
  2. Diario de Pontevedra, 5-10-1917, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Do Castro, ed. Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada. p. 301. ISBN 84-8485-090-0. 

Ligazóns externas

editar