Serafín Alonso Veiga
mestre e político galego
Serafín Alonso Veiga, nado en Chaín (Gondomar) o 27 de outubro de 1906,[1] e finado en Pontevedra en xullo de 1994, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1906 ![]() Chaín, España ![]() |
Morte | xullo de 1994 ![]() Pontevedra, España ![]() |
![]() | |
xaneiro de 1933 – marzo de 1933 ← Florencio Soto López – Joaquín Pais Llorens → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarMestre en Cesantes, foi nomeado alcalde presidente da Comisión Xestora de Redondela en xaneiro de 1933, permanecendo no cargo ata marzo. En 1934 trasladouse a Beade. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo en setembro do 1936. Finou en Pontevedra en xullo de 1994 aos 87 anos.[2]
Vida persoal
editarCasou en Redondela coa tamén mestra Laureana Pérez Sousa, filla de Dositeo Pérez Sobrino, en 1927.[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-090-0.
Ligazóns externas
editarPredecesor: Florencio Soto López |
Alcalde de Redondela 1933 |
Sucesor: Joaquín Pais Llorens |