Joaquín Caruncho

futbolista galego

Joaquín Caruncho Astray, nado na Coruña o 18 de outubro de 1894 e finado en Madrid o 6 de setembro de 1964, foi un futbolista e policía galego.

Caruncho
Información persoal
Nome Joaquín Caruncho Astray
Nacemento 18 de outubro de 1894
Lugar de nacemento A Coruña
Posición Centrocampista e dianteiro
Carreira xuvenil
Real Club Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1910–1916 Real Club Coruña
Gimnástica Española
Atlético de Madrid
1916–1918 Real Madrid
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Xogaba como dianteiro centro e interior e foi capitán do Real Club Coruña, no que militou durante varios anos, e co que disputou o Campionato de Galicia.[1][2][3] Posteriormente trasladouse a Madrid para continuar os seus estudos, e alí pasou polo Gimnástica Española e o Atlético de Madrid, antes de fichar en 1916 polo Real Madrid. Foi o primeiro futbolista en vestir tanto a camiseta do Atlético de Madrid como a do Real Madrid.[4]

Neste equipo coincidiu entre outros con Santiago Bernabéu, Manolo Posada, René Petit ou Eulogio Aranguren. Xogou tres anos no club branco e disputou a final da Copa do Rei de 1918 contra o Real Unión de Irún, que acabou gañando o equipo vasco con dous goles de Juan Legarreta.

A súa carreira futbolística rematou cando un dos seus xefes viu unha foto súa no xornal ABC e berrou con el.[2] Deixou entón o fútbol e dedicouse exclusivamente á súa profesión de policía, chegando a ser xefe superior da Policía en Biscaia.[5] Xa retirado viviu en Madrid, onde faleceu o 6 de setembro de 1964.[6]

Notas editar

  1. "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de febreiro de 1910. p. 2. 
  2. 2,0 2,1 Ramos, Jesús (14 de outubro de 2016). "Joaquín Caruncho, una retirada prematura". Marca (en castelán). Consultado o 11 de maio de 2021. 
  3. "Notas de Sport". Noticiero de Vigo (en castelán). 1 de decembro de 1914. p. 3. Consultado o 11 de maio de 2021. 
  4. "Courtois, séptimo portero en jugar en Madrid y Atlético" (en castelán). 8 de agosto de 2018. Consultado o 11 de maio de 2021. 
  5. "Don Joaquin Caruncho, condecorado en Bilbao". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de febreiro de 1951. p. 1. 
  6. "Don Joaquín Caruncho falleció en Madrid". La Noche (en castelán) (13345). 7 de setembro de 1964. p. 9. Consultado o 12 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar