Joachim Weschke
Joachim Weschke, nado en Legnica en 1924 e finado en Frankfurt o 18 de marzo de 1983, foi un numismático alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1924. |
Morte | 18 de marzo de 1983 Frankfurt. Alemaña |
País de nacionalidade | Alemán. |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Premios | |
1979: Premio da GIG. |
Traxectoria
editarPrimeiros anos e formación
editarJoachim Weschke naceu na cidade de Legnica, hoxe pertencente ao voivodato da Baixa Silesia, no suroeste da actual Polonia.[1]
Estudou Historia, Latín e Numismática na Universidade de Berlín, opnde acadou o seu doutoramento en 1955 cunha tese titulada "A moeda de ouro imperial de Alemaña na Baixa Idade Media ata 1450".[1][2]
Carreira profesional
editarDe 1952 a 1959 foi axudante de investigación, baixo a dirección de Arthur Suhle, no Gabinete Numismático de Berlín.[1]
En 1960 ingresou no Museo do Diñeiro do Deutsche Bundesbank, do que accedeu ao cargo de director en 1967. Como primeiro director científico desta importante institución, ampliou o Museo do Diñeiro e organizouno consonte parámetros científicos.[1]
No ámbito asociativo e institucional, Westchke foi presidente da Sociedade Numismática de Frankfurt (1973-1980) e membro da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña.[1]
Joachim Westchke faleceu o 18 de marzo de 1983 en Frankfurt.[1]
Recoñecementos
editarPublicacións
editarEsta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos da traxeectoria de Joachim Westchke:[4]
- (1955). Die Reichsgoldprägung Deutschlands im Spätmittelalter bis 1450. Humboldt-Universität, Berlín.
- (1980). Antike Goldmünzen in der Münzensammlung der Deutschen Bundesbank (con M. R. Alföldi e U. Hagen-Jahnke). Deutsche Bundesbank, Frankfurt. ISBN 9783921839225
- (1982). Mittelalterliche Goldmünzen in der Münzensammlung der Deutschen Bundesbank (con U. Hagen-Jahnke e A Schmidt). Deutsche Bundesbank, Frankfurt. ISBN 9783921839300
- (1982). Mittelalterliche Goldmünzen in d. Münzensammlung d. Dt. Bundesbank. Deutsche Bundesbank, Frankfurt. ISBN 9783921839300
- (1983). Ancient gold coins from the Deutsche Bundesbank (con M. R. Alföldi e U. Hagen-Jahnke). Deutsche Bundesbank, Frankfurt. ISBN 9783921839393
- (1983). Gold coins of the Middle Ages from the Deutsche Bundesbank collection (con U. Hagen-Jahnke e A. Schmidt). Deutsche Bundesbank, Frankfurt. ISBN 978-3921839386
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 H. V. (1983). "Nekrologe: Joachim Weschke".
- ↑ Véxase (1955) en "Publicacións".
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte -GIG-.
- ↑ "Weschke, Joachim". WorldCat Identities.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- H. V. (1983). "Nekrologe: Joachim Weschke". En Schweizer Münzblätter. Nº 131. Agosto. Páxina 73