Jiddu Krishnamurti

Jiddu Krishnamurti, nado o 11 de maio de 1895 e finado o 17 de febreiro de 1986, foi un orador de orixe india sobre temas filosóficos e espirituais. A súa carreira tivo dúas etapas claramente diferenciadas. Na primeira, foi alumno e, finalmente, líder do novo movemento relixioso chamado Teosofía. Na segunda, rexeitou a Teosofía e todas as crenzas asociadas a ela, dicindo: "Manteño que a verdade é unha terra sen camiños, e non te podes achegar a ela por ningún atallo, por ningunha relixión, por ningunha seita".

Jiddu Krishnamurti
Jiddu Krishnamurti 01.jpg
AlcumeNinguno
Nacemento12 de maio de 1895
Lugar de nacementoMadanapalle
Falecemento17 de febreiro de 1986
Lugar de falecementoOjai
Causacancro de páncreas
NacionalidadeRaj Británico, India e Domínio da Índia
RelixiónIrrelixión
Ocupaciónfilósofo e escritor
Coñecido porFreedom from the Known
PremiosMedalla da Paz das Nacións Unidas
Na rede
http://www.jkrishnamurti.org
Discogs: 1617488 WikiTree: Krishnamurti-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TeosofíaEditar

Krishnamurti naceu no seo dunha familia brahmán na que entón era a India británica. No inicio da adolescencia, tivo un encontro casual co destacado ocultista e teósofo de alto rango Charles Leadbeater nos terreos da sede da Sociedade Teosófica en Madrás (agora Chennai). Posteriormente foi criado por Annie Besant e Leadbeater, líderes daquela Sociedade. Crían que era un "vehículo" para un esperado Mestre do Mundo.[1] Mentres era novo, Besant controlou a súa vida e gañou un proceso xudicial pola custodia de Krishnamurti e o seu irmán.

LiberdadeEditar

Cando era novo, Krishnamurti renegou da Teosofía e disolveu a organización mundial (a Orde da Estrela en Oriente) creada para apoiala. Renunciou aos distintos trusts e outras organizacións que estaban afiliadas á Orde da Estrela e á Sociedade Teosófica. Devolveu os cartos e propiedades doadas á Orde, entre elas un castelo nos Países Baixos e 5 000 acres (20 km2) de terra, aos seus doadores. [2] A partir de entón Krishnamurti non aceptou seguidores nin adoradores, pensaba que a relación entre o discípulo e o gurú fomentaba dependencia e a explotación, porén si aceptou apoio económico que lle ofreceron persoas inspiradas no seu traballo e continuou con xiras de conferencias e publicación de libros durante máis de medio século.[3] Contou entre as súas amizades a persoas diversas do mundo da arte, a literatura e a ciencia como George Bernard Shaw, Henry Miller, Aldous Huxley, Van Morrison e David Bohm.

Rexeitou a fidelidade a ningunha nacionalidade, casta, relixión ou filosofía. Logo da disolución da Orde da Estrela pasou o resto da súa vida viaxando polo mundo, falando con grandes e pequenos grupos e individuos. Foi autor de moitos libros, entre eles The First and Last Freedom, The Only Revolution e Krishnamurti's Notebook. Moitas das súas charlas e debates foron transcritas e publicadas.[4]


Instou constantemente á xente a pensar de forma independente e invitounos a explorar e discutir temas específicos xunto con el. A súa temática incluía: a revolución psicolóxica, a natureza da mente, a meditación, a investigación, as relacións humanas e o cambio na sociedade. Subliñou a necesidade dunha revolución na psique de todo ser humano e subliñou que esa revolución non pode ser provocada por ningunha entidade externa, sexa relixiosa, política ou social.

Hoxe en día, algunhas organizacións sen ánimo de lucro na India, Gran Bretaña e Estados Unidos supervisan varias escolas baseándose nas súas opinións sobre a educación. Continúan transcribindo e distribuíndo os seus miles de charlas, discusións en grupo e individuais e escritos en diversas linguas e formatos.

NotasEditar

  1. Coñecido como o Mestre Ascendido, Mestre da Sabedoría Antiga, Mahatma
  2. Lutyens, Mary 1975. Krishnamurti: the years of awakening. New York: Farrar Straus and Giroux. ISBN 978-0-374-18222-9.
  3. Krishnamurti Foundations (1997) inclúe unha cronoloxía e unha lista de lugares que visitou e nos que falou entre 1911 e 1986.
  4. Lutyens, Mary 1983. Krishnamurti: the years of fulfilment. New York: Farrar Straus and Giroux. ISBN 978-0-374-18224-3