Jesús Regueiro Bueno

sindicalista e político galego

Jesús Regueiro Bueno, nado en Santiago de Compostela cara a 1897 e finado no mesmo concello o 7 de marzo de 1938, foi un sindicalista e político galego.

Modelo:BiografíaJesús Regueiro Bueno
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de marzo de 1938 Editar o valor en Wikidata (40/41 anos)
cemiterio de Boisaca, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4320

Traxectoria

editar

Zapateiro. Foi membro da directiva do Sindicato de Construtores de Calzado de Santiago de Compostela dende 1923,[1] e despois o seu presidente. Representou a Construtores de Calzado de Compostela no Congreso Obrero de Vigo en agosto de 1922.[2] Foi membro da comisión organizadora do Partido Sindicalista que se constituíu en Compostela en marzo de 1935,[3] pero en setembro dese ano separouse do Partido Sindicalista, ao tempo que neste se propoñía a súa expulsión. Participou na campaña para o Estatuto en representacón do PCE intervindo no mitin de Ferrol,[4][5] e nos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Arzúa.[6][7] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité de Defensa da República. Despois fuxiu. Presentouse ás autoridades en xuño de 1937.[8][9] Xulgado en Compostela por rebelión militar o 19 de agosto, foi condenado a pena de morte.[10] Foi executado no cemiterio de Boisaca o 7 de marzo de 1938 con Antonio Caldelas e José Rodríguez Gerpe.[11]

  1. El Compostelano, 24-1-1923, p. 2.
  2. El Compostelano, 19-8-1922, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 27-3-1935, p. 9.
  4. El Compostelano, 9-6-1936, p. 2.
  5. El Correo Gallego, 16-6-1936, p. 2.
  6. El Compostelano, 9-6-1936, p. 2.
  7. El Pueblo Gallego, 19-6-1936, p. 2.
  8. El Compostelano, 21-6-1937, p. 2.
  9. El Eco de Santiago, 25-7-1937, p. 2.
  10. El Eco de Santiago, 19-8-1937, p. 2.
  11. El Eco de Santiago, 7-3-1938, p. 2.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar