Jesús Veiga Fervenza

mariñeiro e sindicalista galego

Jesús Veiga Fervenza, nado en Meira (Moaña) o 11 de xaneiro de 1908 e finado en San Antonio (Chile) o 18 de decembro de 1989, foi un mariñeiro e sindicalista galego.

Jesús Veiga Fervenza
Nacemento11 de xaneiro de 1908
Lugar de nacementoMeira
Falecemento18 de decembro de 1989
Lugar de falecementoChile
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Na Segunda República foi o organizador do sindicato Solidaridad Marinera do porte de Moaña, afín á CNT, e colaborou en Solidaridad Obrera co pseudónimo El Duende Pescador. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Nos anos corenta estaba embarcado nas parellas de Bouzas e participou con Manuel Rúa na reorganización clandestina da CNT cos mariñeiros de Cangas e Moaña. En 1947 pasou a Francia e mantivo contactos co interior, especialmente con Desiderio Comesaña Prado. En 1950 emigrou coa familia a Chile. Pasou uns meses en Antofagasta traballando nunha conserveira e despois marchou a Talcahuano, dedicándose a pesca. A mediados dos anos cincuenta instalouse en San Antonio.

Vida persoalEditar

Casou con Amelia Martínez Pérez

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar