Jesús Dopico Ferreiro

violinista e político galego

Jesús Dopico Ferreiro,[1] nado en Ferrol o 24 de decembro de 1902 e finado en México cara a 1975, foi un violinista e político galego.

Infotaula de personaJesús Dopico Ferreiro
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1902 Editar o valor em Wikidata
Ferrol Editar o valor em Wikidata
Mortedécada de 1970 Editar o valor em Wikidata (67/77 anos)
México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónviolinista , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Presentouse ao público como violinista nun concerto no teatro Jofre de Ferrol en xullo de 1923.[2] Fixo estudos en París subvencionado pola Deputación da Coruña, e foi diplomado no Conservatorio de París. Foi solista do Teatro Lírico Nacional e foi nomeado catedrático de violín no Conservatorio Rexional da Coruña en novembro de 1935.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integrouse no batallón de Milicias Populares Galegas.[4] Militou en Izquierda Republicana e afiliouse á UGT.[5] Foi axente da Dirección General de Seguridad.[6] Coa derrota da República pasou a Francia. Exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz no barco Ipanema o 7 de xullo de 1939.[7] Foi o primeiro presidente do Padroado da Cultura Galega de México. Foi responsable da área de Música no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón dirixido por Pedro Martul Rey. Colaborou na publicación do libro do Padroado Presencia de Galicia en México (1954).

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar