Jeronim Isidor Chimy

Jeronim Isidor Chimy, nado o 12 de marzo de 1919 en Radway (Canadá) e finado o 19 de setembro de 1992 en Vancouver (Canadá), foi un eclesiástico canadense greco-católico ucraíno, 1º bispo de New Westminster dende o 27 de xuño de 1974 até o seu pasamento.

Jeronim Isidor Chimy
Bispo da Igrexa católica bizantina ucraína
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1919 en Radway, Alberta, Canadá
Pasamento19 de setembro de 1992 en Vancouver, Columbia Británica, Canadá
Ordes
Ordenación sacerdotal29 de xuño de 1944, por Vasyl Ladyka
Consagración episcopal5 de setembro de 1974, por Maksym Hermaniuk
Bispo de New Westminster
1974 - 1992
SucesorSeverian Yakymyshyn

Traxectoria editar

Naceu nunha familia de ucraínos, fillo de Evstafii Chimy e Anna (de apelido de solteira Yahniy). Ao rematar a súa educación, uniuse á Orde de San Basilio Magno, facendo a profesión solemne o 27 de xullo de 1941. Foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1944 logo de completar os estudos teolóxicos. Posteriormente marchou a Roma, onde doutorouse en Dereito canónico en 1966 pola Pontificia Universidade Lateranense. En Roma, entre 1961 e 1974 traballou na curia xeral dos basilianos, e a partir de 1966 foi tamén reitor do Pontificio Colexio Ucraíno de San Xosafat.[1]

O 27 de xuño de 1974 foi nomeado por Paulo VI bispo da nova eparquía de New Westminster. Recibiu a consagración episcopal o 5 de setembro de 1974 de mans de Maksym Hermaniuk. Exerceu o cargo até o seu pasamento en Vancouver o 19 de setembro de 1992.

Notas editar

  1. Блажейовський, Дмитро (1996). Ієрархія Київської Церкви (861—1996) (en ucraíno). Lviv: Каменяр. p. 351.